Primeiras regatas en cruceiro

Rosina, o barco de Julián Zarauza foi o primeiro cruceiro en que practicamos a vela pesada. Foi o gañador da primeira edición da Regata Rías Baixas, no ano 1964,  patroneado polo «master» Benigno Cuevas (o vello).

(1970) Norte X, cruceiro botado no ano 1970 e construído integramente na carpintería e talleres de Massó. Por varios anos foi gañador das Rías Baixas.

(1971) Proa a Salgueirón no Norte X.

(1971) Norte X e Rosina, os dous barcos de Salgueirón, no porto de Vilagarcía rematada unha etapa da Regata Rías Baixas. Pola dereita está o Iris III de Laureano Solla. As tripulacións comentan a regata á chegada a porto. Entre outros: Tomás Massó, Benigno Cuevas (o vello), Jaime Massó, Tomás Bolivar, Julián Zarauza, Benigno Cuevas (o xoven), Tomás Pérez,…

(1971) No Norte X, entrando na Costa da Vela, levado sempre pola fina man de Benigno Cuevas (o vello), o máis temido e respectado patrón de todas as rías.

(1971) Norte X regresando a Salgueirón depois de gañar a regata máis importante do momento, a Rías Baixas.

(1971) Norte X, voando cara á vitoria da etapa das Rías Baixas en Vilagarcía. Tripulación de popa a proa: Benigno Cuevas (o xoven), Luis Pérez, Santiago Bolíbar, Benigno Cuevas (o vello) e Tomás Massó.

(1972) Este ano facemos as Rías no Carina, barco de José Manuel Piñeiro e xemelgo do Rosina. Entre os tripulantes, Luis Pérez, Manuel Rodríguez (Litos), Tomás Arís,…

(1972) No Carina con Manuel Rodríguez (Litos) e Julián Zarauza.

(1972) No Carina, de empopada rumbo a Baiona. Na foto: Luis Pérez, José M. Piñeiro, Julián Zarauza, …

Entre 1980 e 1985, navegamos no Puma 34, «Undine», de Willem Keiholz, con tripulantes como Javier Amaro e Gustavo Guntín. Acadamos meritorias victorias nestes anos. Campión da clase IV nas Rías, entre outras.

(1982) W. Keiholz e Luis Pérez son vencedores da I Copa Presidente do Monte Real Club de Baiona, en categoría «a dous».

 

(1983) Luis Pérez, Javier Amaro e Gustavo Guntín regresando ao Undine despóis da noite de «regata» en terra.

 

Pisco: o bote.

Bote tradicional saído das carpinterías de ribeira de Domaio e aparellado con Marconi.

Nos anos 60 era propiedade do Dr. Gerardo Corbal, quen disfrutaba cedendo o barco para que navegara todos os días aínda que el non puidera saír.

O bote estaba ao cargo de Benigno Cuevas (o xoven). No inverno gardábase en Massó, e chegado o verán, cada ano lixabamos e pintabamos para botalo ao mar e que lucira impecable. Quedaba fondeado en Salgueirón.

(1971) Moitas horas de navegación nas que aprendemos e disfrutamos da vela toda unha xeneración de navegantes de Cangas.

(1970) Un día calquera: Paco Cuevas á caña e Tomás Pérez.

(1970) Facendo banda.

(1971) O bote nos permitía seguir as regatas da importante flota de snipes que había na ría de Vigo a finais da década dos 60.

(1971) O snipe «Chuvias» do mítico Cholo Armada, campeón de España en tres ocasións.
(1971) O snipe «Sur» de Jaime Massó, con Benigno Cuevas á caña, nesta regata. O «Sur», con Jaime e Fernando Massó foi campión de España no ano 1952.

 

“BALEA DOUS” REMATA A TEMPADA DE REGATAS AO MÁIS ALTO NIVEL

Coa entrega de premios celebrada o pasado sábado no RCN de Vigo deuse fin á tempada de regatas de Cruceiros das nosas rías, e neste acto, o “Balea  Dous”, barco que navega baixo a  grímpola do RCN  Rodeira de Cangas, recibiu o premio de vencedor da clase Cruceiro na Regata  Open de Inverno-Trofeo Repsol.

Con este premio a tripulación canguesa completa unha tempada dificilmente  superable, despois de disputar as regatas máis importantes das Rías Baixas e subir ao máis alto do podio noutros seis trofeos, ademais do último recibido.

Así pois, o “Balea  Dous” resultou vencedor no Trofeo Comunica, Trofeo Repsol-Regata Primavera e 33º Trofeo Príncipe de Asturias, organizados polo  MRCI de Baiona; Trofeo Repsol- Open de Inverno e 55ª Regata Rías Baixas, organizadas polo RCN de Vigo; Copa de España de Cruceiros do  RCM de  Aguete; 2ª Regata  Interclubes Ría de Vigo organizada por RCN de Vigo,  MRCI de Baiona e RCN  Rodeira, conxuntamente. Outros resultados meritorios foron un segundo posto no 43º Trofeo Conde de Gondomar do  MRCI de Baiona e un terceiro na 14ª Volta  ás  Illas do RCN  Rodeira.

Unha gran tempada que confirma ao barco de Cangas tras a súa traxectoria dos últimos anos, como o rival a bater na súa categoría, o que tamén supón para a súa tripulación un importante reto para as próximas regatas que empezarán a partir de mediados de Xaneiro.

Ao longo deste ano nas distintas regatas alternaron a tripulación do Balea Dous, ao mando de Luis Pérez: Suso Martínez, Julián Pereiro, Humberto Ferral, Manuel Cordeiro, Mauro Nogueira, David Rodríguez, Edu Maldonado e Mario Molina. Gran equipo e principais artífices dos logros conseguidos.

Balea Dous gaña a 21ª Regata de Cruceiros de Aguete-Copa de España

Este ano si puidemos desprazarnos á ría de Pontevedra para participar na «Regata de Aguete» pois era asignatura pendente de uns anos atrás. A regata ía esixirnos unha navegación se erros pois os rivais serían o mellor da categoría ORC-4. Entre os máis complicados estaban Arroás, Chispa Nejra, Deep Blue, Travesío, Grifo,…

A regata costeira saíu ben. O barco máis rápido que nós era o Arroas, polo que non deixamos que se fora lonxe. Na empopada de subida hacia Aguete fomos botándonos enriba del e conseguimos entrar diante en real e compensado. Un primeiro posto que habería que defender nos barlo-sota do día seguinte.

Segunda xornada con dous barlo-sota programados e con vento por riba dos 12 nós. Habería que fiar moi fino con toda a flota facendo bordos en tramos de milla e media. A primeira proba, sen erros, marcando o camiño aos da clase e o Balea disfrutando das ideais condicións. Primeiro en real e compensado e terceiro absoluto. Fantástico!

A segunda proba comeza con problemas. O barco se amosa pesado e se arrastra con dificultade. A causa, un molote de algas xaponesas que enganchamos no timón e arrastramos por bastante tempo e sen poder despegarnos dos rivais máis pequenos. Liberamos no penúltimo tramo e aínda entramos primeros en real e segundos a 7 segundo do Chispa. O trofeo estaba gañado.