XVIII REGATA VOLTA ÁS ILLAS CÍES

BALEA DOUS gaña a XVIII Volta ás Illas Cíes na clase ORC

18/05/2024.-  Disputouse este sábado a XVIII edición da Regata Volta ás Illas Cíes que organiza o Liceo Marítimo de Bouzas, con boas condicións de vento só alteradas polo paso dun chuvasco que complicou a navegación nalgún momento. Tras o chuvasco abríronse claros, pero caeu o vento, o que sumado ao forte mar de fondo que había na boca norte da ría, dificultou o paso da Punta Cabalo, ao norte das Cíes, á que hai que dar respectable resgardo polos baixos e rompientes da zona. O percorrido, de 24,5 millas, completouno o Bon III, de Víctor Carrión que competía na clase A 2 tripulantes, en 3 horas e 51 minutos, facendo unha media de 6,4 nós e levándose o triunfo en tempo real e compensado. A clase ORC, barcos con tripulación completa, gañouna o cangués Balea Dous, completando o percorrido en 4 horas 35 minutos, o que supón unha media de 5,4 nós. Na categoría de navegantes solitarios gañou o Ronáutica Mariñas de Joaquín Carneiro.