Balea Dous gaña a 21ª Regata de Cruceiros de Aguete-Copa de España

Este ano si puidemos desprazarnos á ría de Pontevedra para participar na «Regata de Aguete» pois era asignatura pendente de uns anos atrás. A regata ía esixirnos unha navegación se erros pois os rivais serían o mellor da categoría ORC-4. Entre os máis complicados estaban Arroás, Chispa Nejra, Deep Blue, Travesío, Grifo,…

A regata costeira saíu ben. O barco máis rápido que nós era o Arroas, polo que non deixamos que se fora lonxe. Na empopada de subida hacia Aguete fomos botándonos enriba del e conseguimos entrar diante en real e compensado. Un primeiro posto que habería que defender nos barlo-sota do día seguinte.

Segunda xornada con dous barlo-sota programados e con vento por riba dos 12 nós. Habería que fiar moi fino con toda a flota facendo bordos en tramos de milla e media. A primeira proba, sen erros, marcando o camiño aos da clase e o Balea disfrutando das ideais condicións. Primeiro en real e compensado e terceiro absoluto. Fantástico!

A segunda proba comeza con problemas. O barco se amosa pesado e se arrastra con dificultade. A causa, un molote de algas xaponesas que enganchamos no timón e arrastramos por bastante tempo e sen poder despegarnos dos rivais máis pequenos. Liberamos no penúltimo tramo e aínda entramos primeros en real e segundos a 7 segundo do Chispa. O trofeo estaba gañado.