Trofeo Vila de Bouzas – 2008

O BALEA DOUS remata a tempada subindo novamente ao podio.

28 de xuño: Percorrido costeiro.

Ás 16 h. dase a saída fronte ao peirao de Bouzas para dirixirse a Bondaña e volta, con pasos por Rodeira (Er) e Tofiño (Br). Vento frouxo de SW.
Saída algo retrasada do Balea Dous que neste primeiro tramo ata Bondaña non atopa o se punto optimo de velocidade. O vento está moi raro habendo pozos onde quedabas clavado, ao lado de corredores por onde te podías escapar dos barcos próximos. Parte da frota fai o bordo de Samil mentras o Balea segue rumbo W polo medio da ría ata entrar nun vento fresco que rola á dereita. Ao virar o Balea ten na proa a baliza de Bondaña e deslízase rapidamente cara ela. Neste bordo xa pasa pola proa aos barcos do bordo de Samil. Virada en Bondaña e empopada con rumbo a Liméns levando só catro barcos pola proa. Non está clara a opción do norte polo que faise trasluchada no medio da ría para poñer rumbo a Bouzas, seguindo ao Menudeta que acababa de escoller esta opción e na que se ve que porta mellor o spí que aos do norte. Neste rumbo foise agrandando a distancia coa frota que precedía, mentras todos insistían na opción norte. A vantaxe collida xa foi insalvable, facendo un primeiro posto folgado.
5 de xullo de 2008 : Barlovento-Sotavento.
Regata con vento fresco que favoreceu aos barcos grandes e non deu opción ao Balea para defender o primeiro posto da primeira regata.
Sin máis historia acabou o Trofeo Vila de Bouzas con outro segundo posto para o Balea Dous.
A destacar o bo ambiente que se vive nesta regata da vila mariñeira de Bouzas, e a boa organización do Liceo Marítimo. A sardiñada á veira do mar, acompañada de boa empanada, e todo regado con viño e cervexa a discreción, deixou moi bo sabor de boca.
Clasificación final: 1º Reira, 2º Balea Dous, 3º Baltea.

Deixa unha resposta