O mítico Arpège

  O antecesor do Balea Dous foi un Dufour Arpège, o Balea, co que navegamos de cruceiro e regatas durante vinte anos (1984-2004), proporcionando en ambas actividades inesquecibles satisfaccións.

Dufour Arpège 31

  • Eslora: 9,25 m.
  • Manga: 3,05 m.
  • Calado: 1,65 m.
  • Desprazamento: 3.600 Kg. aprox
  • Sup. vélica: 45 m2.
  • Deseñador: Michael Dufour

 

O MÍTICO DUFOUR ARPÈGE

O Arpège foi deseñado por Michael Dufour en 1966 como a primeira das súas embarcacións fabricadas en serie. Representou unha gran revolución no mundo da náutica, ao ser a primeira embarcación de algo máis de 9 metros de eslora deseñada para navegacións oceánicas.

Acadou unha rápida reputación nas regatas, foi en 1969 cando quedou clasificado en segundo lugar na regata para solitarios «Transpacífica», vencido soamente polo monstruoso «Pen Duick V», de Eric Tabarly, converténdose así no referente da época.

Sen embargo, é tamén un barco espazoso, cunha manga moi ancha para o seu tempo, e así se destaca nun artigo do ano 1966 que comenta: «É asombroso canto espacio habitable fai o aumento na manga.» Pero é, non só a beleza e o coidado na construción que amosa este barco, se non, a dicir verdade, o Arpège tamén se amosa inmediatamente moi seguro na navegación e ao mesmo tempo rápido.

A confirmación é a fabricación de 1.500 unidades nos estaleiros Dufour, nun corto período de tempo xa que o ano 1974 déixase de construír. O Arpège foi o barco europeo máis exportado. Pódense atopar embarcacións nos USA, en Brasil, en Xapón, etc. En Francia son moi numerosos e en España é fácil velos e agora, co nacemento da asociación El Mítico Arpege, os propietarios e os simpatizantes teñen un sitio de referencia, unha organización que coida a restauración e que crea momentos de reunión e discusión.

http://www.arpege.free.fr
http://www.arpege.it
http://www.voilier-arpege.com