Trofeo Marisquería Bahía – 2008

1 de marzo de 2008 – CRÓNICA DE REGATA: Despois de máis de dúas horas e media de regata, o Balea Dous acadou entrar primeiro en tempo real da categoría Cruceiro-Regata Two na cuarta etapa da Regata Marisquería Bahía.

A pesar da inestabilidade do vento en canto a intensidade e dirección, puido darse una saída válida ás 15:15, con un recorrido formado por unha boia de desmarque nas proximidades da praia do Con, baliza de Bondaña por estribor, Subrido por estribor, porta en Salgueirón e chegada en Vigo.

Nos primeiros compases da proba o equipo do Balea Dous veuse sometido a unha operación de acoso e derribo ;-) por parte dos integrantes mais ilustres da flota do Liceo Marítimo de Bouzas: Reira, Baltea e Arroutado, pero isto foi solventado con eficacia na táctica e precisión nas manobras para poder montar a baliza de Subrido por diante do grupo atacante, xa con certa vantaxe. Un último bordo se sobresaltos cara a liña de chegada permitiu chegar en primeira posición en tempo real da clase, o cal garante a segunda en tempos compensados, de maneira que o Balea Dous afiance o segundo lugar na calsificación xeral en caso de haber descartes.

7 de marzo de 2008 – PREVIA DE REGATA: Todo listo para a 5ª regata do Trofeo Marisquería Bahía 2008. A previsión é de ventos do Oeste, con intensidade de 5 a 6 nós. De darse estas condicións, será posible unha regata costeira, na que, ante a falta de presión do vento, teremos a que nos poñan os contricantes en busca do apreciado segundo posto na xeral, xa que o primeiro é inalcanzábel, en mans do Aroutado II. Atentos a proba de hoxe, a partir desta regata poderá descartarse o peor resultado, polo que se poden dar sorpresas na xeral.

9 de marzo de 2008 – CRÓNICA DE REGATA: Rematada a 5º proba do trofeo Marisquería Bahía, que permite facer un descarte do peor resultado acadado. O excelente posto acadado polo Balea Dous permite que se consolide o segundo posto na clasificación xeral.

O percorrido consistiu nunha regata costeira saíndo de Vigo, con paso polas balizas de Rodeira, Vigo, Salgueirón e chegada en Vigo, compoñéndose de dúas ceñidas e dúas popas. A regata do Balea Dous estivo centrada nunha férrea marcaxe do Reira, principal opositor á segunda praza na xeral. Na primeira ceñida, xa dende a saída, consegue situarse a barlovento do rival e dende aí a marcaxe consistiu en manterse diante e non deixar que se fora por rumbo diferente que lle puidera proporcionar algún role favorable.
Na boia de barlovento pasa o Schtroumpf en cabeza seguido do Furaventos e Baltea, que collera un role bo polo sur. A continuación, Balea Dous mantendo a distancia suficiente ao Reira e máis retrasado o Arroutado, perxudicado polo seu bordo norte. Na empopada mantéñense as posicións pero co Balea aproximándose aos de diante, de forma que virada a boia de sotavento, alcanza ao Baltea e vai tras do Furaventos. Na segunda virada en barlovento, pasa Schtroumpf destacado e o Furaventos co Balea á súa popa, quedando os tres do Liceo bastante descolgados. A caída do vento na última popa do percorrido fixo que a regata rematase con algo de tensión. O Arroutado fixo valer a súa velocidade nestas condicións e o Balea mantivo o control sobre o Reira que se achegou e pasou diante xa nos últimos metros pero sin diferencias de tempos que impediran que o Balea Dous se fixera coa terceira praza na etapa, distanciando xa en 4 puntos ao seguinte clasificado na xeral.

15 de marzo de 2008 – PREVIA DE REGATA: Nunhas horas todo quedará sentenciado coa última proba do trofeo Marisquería Bahía. Cunha previsión de 14 nós do oeste-suroeste, ao Balea Dous bástalle rematar puntuando nesta regata que consisitirá nun barlovento-sotavento, probablemente marcado pola choiva, para conservar o segundo posto na xeral, e aportar unha nova presa ao palmarés do equipo.

15 de marzo de 2008 – CRÓNICA DE REGATA: Cumpriuse o previsto. Celebrada a última proba do trofeo Marisquería Bahía, o Balea Dous fixo valer a súa condición de favorito ao segundo lugar da clase Cruceiro Regata-Two. Unha regata barlovento-sotavento, marcada pola ameaza de choiva e un vento duns 20 nós de intensidade e de dirección oeste. Das condicións da saída da unha idea o feito do incidente no Deporte Galicia, cun home ao mar e desprendimento do balcón de proa e candeleiros da banda de babor, na mesma liña e instante da saída. De inicio marcou un aspecto importante, a configuración de velamen elexida por cada barco. O Balea e o Arroutado saían cun rizo na maior e un xénova dous, mentras o Reira saía cun xénova tres e maior a tope.
A primeira ceñida entre estes tres barcos foi bastante igualada montando barlovento, Arroutado, Reira e Balea, por esta orde pero sen significativas direrenzas. Na empopada o dilema era si xogala co spí ou non, dada a intensidade do vento e a curta distancia do tramo. O Arroutado izou spí e realizou un tramo perfecto distanciándose algo máis dos Reira e Balea que sen spí mantivéronse á par ata a boia de sotavento. A segunda ceñida encárase cunha pequena reducción de vento e rolada á dereita, feito aproveitado polo Balea que escolle bordo norte e supera xa no primeiro cruce ao Reira, e alcanza ao Arroutado na boia de barlovento. Na segunda empopada, xa con vento máis manexable, spís arriba e rápida baixada, manténdose as posicións na chegada: 1º – Arroutado, 2º – BALEA DOUS, 3º – Reira.

Finalizada a tempada de inverno na ría de Vigo, cun Balea Dous sempre no podio e en progresión ascendente, á proxima cita será nas augas de Baiona, no trofeo Ramada Storax.

Crónica en Masmar

Deixa unha resposta