Arquivos do autor: morrazo
6ª Regata Interclubes da Ría de Pontevedra
22ª Regata de Cruceiros de Aguete
Regata Conde de Gondomar – 2019
«Balea Dous» gaña a Interclubs da Ría de Vigo por terceiro ano consecutivo

Vigo, 23 de xuño de 2019.- Os líderes provisionais da III Regata Interclubs Ría de Vigo certificaron na terceira e última proba este sábado o seu triunfo final. O evento, que organizaron conxuntamente Real Club Náutico de Vigo, Monte Real Club de Iates de Baiona e Real Club Náutico Rodeira co patrocinio de Mitsubishi Motors e Conservas Orbe, pechouse con vitoria parcial de “Starfighter” (Xulio Rodríguez, RCN Vigo) no grupo 1, “Fend-la-Bise” (Jean Claude Sarrade, MRCY Baiona) no 2, e o “Balea Dous” (Luís María Pérez, RCN Rodeira) no grupo 3, que os consolidou tamén como gañadores da xeral.
Un percorrido costeiro de 8,5 millas, desde o Peirao de Transatlánticos até a baliza de Bondaña, en Toralla, gozou de bos ventos do suroeste, con 12 nós, e só unha encalmada á altura de Cangas para o “Starfighter” provocou que a súa vitoria en tempo real (1h.28.32) fose apretada ante o “Fend-la-Bise” (1h.31.30) e o “Deep Blue 2.0” de Vicente Cid e grímpola do náutico vigués (1h.33.24).
Despois de tres xornadas disputadas por unha frota de 18 unidades, o, “Starfighter” releva ao “Aceites Abril” como campión do grupo 1 e o “Balea Dous” reedita título de anteriores edicións con pleno (1-1-1). No grupo 2, Sarrade (1-3-1) levou o triunfo co seu ILC 30, mentres que “A Burla Negra” (Juan J. Martínez, CN Castrelo de Miño), que ía líder, non disputou esta proba, perdendo toda opción.
A entrega de premios, no Náutico, pechou a competición.
Un bo cocido en Carballedo
Primeiras regatas en cruceiro
Rosina, o barco de Julián Zarauza foi o primeiro cruceiro en que practicamos a vela pesada. Foi o gañador da primeira edición da Regata Rías Baixas, no ano 1964, patroneado polo «master» Benigno Cuevas (o vello).
(1971) Proa a Salgueirón no Norte X.
(1971) Norte X e Rosina, os dous barcos de Salgueirón, no porto de Vilagarcía rematada unha etapa da Regata Rías Baixas. Pola dereita está o Iris III de Laureano Solla. As tripulacións comentan a regata á chegada a porto. Entre outros: Tomás Massó, Benigno Cuevas (o vello), Jaime Massó, Tomás Bolivar, Julián Zarauza, Benigno Cuevas (o xoven), Tomás Pérez,…
(1972) No Carina con Manuel Rodríguez (Litos) e Julián Zarauza.
Pisco: o bote.
Bote tradicional saído das carpinterías de ribeira de Domaio e aparellado con Marconi.
Nos anos 60 era propiedade do Dr. Gerardo Corbal, quen disfrutaba cedendo o barco para que navegara todos os días aínda que el non puidera saír.
(1970) Un día calquera: Paco Cuevas á caña e Tomás Pérez.
(1971) O bote nos permitía seguir as regatas da importante flota de snipes que había na ría de Vigo a finais da década dos 60.
(1971) O snipe «Chuvias» do mítico Cholo Armada, campeón de España en tres ocasións.
(1971) O snipe «Sur» de Jaime Massó, con Benigno Cuevas á caña, nesta regata. O «Sur», con Jaime e Fernando Massó foi campión de España no ano 1952.
Palmarés 2018
“BALEA DOUS” REMATA A TEMPADA DE REGATAS AO MÁIS ALTO NIVEL
Coa entrega de premios celebrada o pasado sábado no RCN de Vigo deuse fin á tempada de regatas de Cruceiros das nosas rías, e neste acto, o “Balea Dous”, barco que navega baixo a grímpola do RCN Rodeira de Cangas, recibiu o premio de vencedor da clase Cruceiro na Regata Open de Inverno-Trofeo Repsol.
Con este premio a tripulación canguesa completa unha tempada dificilmente superable, despois de disputar as regatas máis importantes das Rías Baixas e subir ao máis alto do podio noutros seis trofeos, ademais do último recibido.
Así pois, o “Balea Dous” resultou vencedor no Trofeo Comunica, Trofeo Repsol-Regata Primavera e 33º Trofeo Príncipe de Asturias, organizados polo MRCI de Baiona; Trofeo Repsol- Open de Inverno e 55ª Regata Rías Baixas, organizadas polo RCN de Vigo; Copa de España de Cruceiros do RCM de Aguete; 2ª Regata Interclubes Ría de Vigo organizada por RCN de Vigo, MRCI de Baiona e RCN Rodeira, conxuntamente. Outros resultados meritorios foron un segundo posto no 43º Trofeo Conde de Gondomar do MRCI de Baiona e un terceiro na 14ª Volta ás Illas do RCN Rodeira.
Unha gran tempada que confirma ao barco de Cangas tras a súa traxectoria dos últimos anos, como o rival a bater na súa categoría, o que tamén supón para a súa tripulación un importante reto para as próximas regatas que empezarán a partir de mediados de Xaneiro.
Ao longo deste ano nas distintas regatas alternaron a tripulación do Balea Dous, ao mando de Luis Pérez: Suso Martínez, Julián Pereiro, Humberto Ferral, Manuel Cordeiro, Mauro Nogueira, David Rodríguez, Edu Maldonado e Mario Molina. Gran equipo e principais artífices dos logros conseguidos.