SINISTRALIDADE
DO AUTOMOBIL
O
maior problema social do coche é a súa altísima
sinistralidade: principal causa de morte entre os 5 e os 24
anos, principal causa de morte violenta neste século (El País,
10/10/99). O automóbil matou mais xente que a guerra civil e
sen embargo non cría alarma social o seu alto custe en vistas
humanas.
Se
planean falsas solucións: estradas mais anchas e con menos
curvas, coches máis seguros para poder ir máis rápido. A
sinistralidade non diminúe. Cúlpase dos accidentes ás
curvas, ao mal estado da estrada, á chuvia, ao alcol, ao
despiste, á imprudencia,... nunca á velocidade.
¿Que
ocorrería se houbese un accidente ferroviario á semana con
2.800 feridos e máis de 100 mortos?
Os
accidentes de tráfico teñen un altísimo custe económico
que se cifra en dous billóns de pesetas ao ano.
Provocan
no Estado Español:
·
Que 1 de cada
7.000 persoas morra cada ano.
·
3 de cada 4
menosvalias físicas.
·
Que morra unha
persoa cada hora e media.
·
A estrada mata
3 veces máis persoas cada ano que o resto de causas non
naturais xuntas.
·
Desde os anos
50 ate agora morreu máis xente na estrada que na guerra civil
e houbo 3,5 millóns de feridos.
·
É 20 veces
mais probable matarse nun percorrido de 100 Km en coche, que
acertar un pleno da primitiva.
|