A precipitación en 2021 foi "normal". So un 3% inferior á media
histórica.
Os meses máis húmidos do normal foron Febreiro, Xuño,
Maio, Xaneiro e
Decembro.
Marzo, Novembro, Agosto e Xullo destacaron por seren
bastante máis secos do habitual.
O 2021
térmicamente foi un ano anómalo. As mínimas todo
o ano moi por riba do normal.
As máximas
practicamente por debaixo do normal. O
resultado é unha temperatura media elevada
en gran parte do ano.
Na liña dos últimos
anos, comportamento térmico pouco equilibrado.
A precipitación anual da serie histórica non segue
ningún patrón nin se observa ningunha tendencia. Das
tres últimas décadas a de máis chuvia foi a última
(2012-2021)
con 1.350
l/m2 de media,
mentres a anterior (2002-2011) tivo a menor
precipitación, 1.207
l/m2 de media. A
media histórica en Cangas é de 1.278
l/m2.
Nas Temperaturas Máximas obsérvase unha caída nas tres
últimas décadas. A media das temperaturas máximas da
ultima década é
0,6
ºC
máis baixa
ca da década
1992-2001. Ou sexa, as temperaturas diurnas están
baixando.
Nas Temperaturas Mínimas hai unha clara tendencia
alcista. A última década, cunha mínima media de 11
ºC, é
1 ºC
máis alta
ca década
1992-2001. Están a suavizarse as temperaturas nocturnas.
A Temperatura Media de Cangas é 15,2
ºC. Obsérvase unha
lixeira tendencia alcista nas
dúas
últimas décadas. A
última década tivo
unha
décima
máis
ca anterior.