GRAVE ASOLAGAMENTO NO CASCO URBANO DE CANGAS (22/10/2006)

 

Sabiamos que tiña que pasar, o advertimos e o denunciamos por tódolos medios. O dixemos nos medios de comunicación, nas alegacións ao estudo de impacto, no contencioso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Agora achacan aos incendios e en algún caso á urbanización descontrolada, os graves asolagamentos que estamos a padecer na Galiza.

Aínda non escoitamos a ninguén que o relacione coas agresivas vías de comunicación construídas a machetazo polos montes e con nulos estudos de impacto ambiental. ¿É que ninguén coñece o efecto canalón que producen estas vías na nosa xeografía?

Sabarís está debaixo da autoestrada de Baiona e nunca antes padecera tales asolagamentos.

O Morrazo acaba de padecer a primeira inundación grave da súa historia, un ano despois de abrirse a "vía rápida",...

O avisamos con tempo pero ninguén nos fixo caso. ¿Xa non queda "sentido común" neste país?

 

Isto diciamos:

 

IMPACTOS PREVISIBLES NOS RÍOS DO MORRAZO.- 

A maior parte dos ríos afectados son pequenos regos que recollen augas de pequenas cuncas, polo que o seu caudal é reducido, salvo días de fortes chuvias, feito polo que en moitos casos transcorren no seu curso baixo, canalizados ou entubados, de tal xeito que non están capacitados para acoller calquera achega de augas que se provocara por instalación de infraestructuras que tiveran incidencia no réxime hidrolóxico da zona.

A modo de exemplo citaremos o caso do río Bouzós que desemboca en pleno casco urbano de Cangas, discorrendo os seus últimos 300 metros por tubos  de 50 cm de diámetro, baixo o pavimento dunha rúa.

Coas máis fortes chuvias, tal como sucedeu o último inverno, acada o seu máximo caudal, que se calcula en 13.500 litros por minuto, desbordándose polas veigas ribeiregas. Segundo os cálculos que se acompañan neste informe, dito río tería que recoller un suplemento de 5.000 litros por minuto, un 40 % máis, que non serían asumibles na actual canalización, polo que é fácil prever o seu desbordamento e asolagamento de amplas zonas densamente urbanizadas, nos barrios de O Señal, Longán, Reboredo ou Romarigo.

O denunciamos aquí, e aquí, e aquí, e aquí, e....

Ver máis fotos do asolagamento

 

 

 

 

 

 

               

FOTOS DA 
SEMANA
Nº 25