Portada

PREMIO OSÍXENO 2002

Contacta con nós

Quen somos

Onde estamos

  CAMPAÑA 2000    

  OUTUBRO 1999

A CPTOPV (Consellería de Obras Públicas da Xunta de Galicia) anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, da asistencia técnica para a redacción dun novo estudio informativo e de impacto ambiental da vía rápida do Morrazo (D.O.G. 13/09/99). É o terceiro que promoven en cinco anos, despois de que os anteriores quedaran esquecidos, ó non verse capacitados para respostar ós centos de alegacións presentadas en cada caso. 

Esta Plataforma actuou sempre co máximo rigor e seriedade, presentando alegacións debidamente argumentadas, e facendo na comarca un labor continuo de sensibilización ambiental en torno ó tema das comunicacións, e á necesidade de darlle unha solución racional e respectuosa co medio. 

Ante este terceiro proxecto, en que a Consellería vai ter o apoio político dos concellos afectados, a Plataforma está disposta a non escatimar esforzos para evitar unha agresión irreversible na comarca, que afecta ó patrimonio natural, histórico, artístico, cultural e social.  

O plan de actuación irá encamiñado a formar na cidadanía da comarca, un clima de opinión contrario ás posturas radicais e insensibles da Consellería, - que non entende ningunha solución que non sexa a construcción dunha nova estrada, de grande impacto no medio e de pouca utilidade para a comunicación das vilas da comarca -, coa convicción de que o único xeito de evita-la obra, é que a poboación do Morrazo a rexeite. 

Abordamos a actuación en catro campos de traballo: 

  • Elaboración de informe sobre o proxecto que a Xunta pretende levar a cabo, co fin de dar a coñecer á veciñanza os pormenores do trazado, afeccións, impactos, e demáis aspectos que permitan un completo coñecemento do proxecto e das consecuencias que del se deriven.
  • Investigación no coñecemento doutras situacións similares e das solucións adoptadas, así como de outros modelos de comunicación existentes, racionais e compatibles cun desenvolvemento soportable. Se trasladarán á veciñanza para que se entenda que son posibles outras solucións.
  • Elaboración de listado de necesidades máis urxentes para a comarca, e que se poderían realizar por un orzamento similar ó que supón a construcción dunha vía rápida. (Vía Rápida=13 Km / Orzamento=8.000.000.000 ptas.)
  • Elaboración dunha proposta alternativa para a mellora das comunicacións da comarca, propoñendo solucións concretas e puntuais, que se representarán graficamente para mellor comprensión, expoñéndose ó público e abrindo proceso de participación cidadana para a mellora da proposta.

Para a realización de este plan, que nas fases de documentación, preparación, exposición e difusión, marcámonos un prazo de nove meses, precisamos de toda a colaboración que se nos poida aportar. Suxerencias, informacións, axuda técnica, referencias de expertos na materia, de outras experiencias, outras situacións e modelos,… 

Pedimos a implicación de todas as persoas e colectivos dispostos a loitar por un cambio na concepción das comunicacións e do mal chamado progreso, sendo conscientes de que uns poucos non o imos conseguir, e sen embargo, se acadamos os obxectivos, sentaremos as bases para unha máis harmónica relación entre o progreso e a conservación do medio.  

Colectivos integrantes: 

  • Asociacións Culturais : De Rebolo, Kaos, Sementeira e Xiria
  • Asociacións Ecoloxistas : ERVA, FAPAS, Grupo de Apoio Local de Greenpeace, Luita Verde, Natura Céltica, O Carballal e O Modaco
  • Xunta Veciñal de Montes de Coiro 
  • Partidos Políticos: E de G, FPG,

   

  NOVEMBRO 1999  

Estamos a traballar xa na recompilación de documentación, na investigación de situacións semellantes e solucións adoptadas, na elaboración de orzamentos alternativos e na elaboración dunha proposta alternativa que poder presentar á veciñanza como solución global ó problema das comunicacións, útil para todos e respectuosa co medio natural, cultural e social. 

Para a realización deste ambicioso proxecto precísanse cartos, polo que estamos a elaborar un plan de financiamento que nos permita ir obtendo os fondos precisos. Como punto de partida, cada un dos colectivos integrantes da Plataforma fará unha aportación inicial de 5.000 pesetas que deberá ingresar na conta da cal damos os datos embaixo. 

A Plataforma está aberta e precisa da participación de todos os colectivos e asociacións da comarca ou de fóra dela que estean dispostos a: 

  • Defender os importantes espacios naturais e o patrimonio cultural do Morrazo da agresión que suporía obra semellante.
  • Loitar por un cambio na concepción das comunicacións e sentar as bases para unha máis harmónica relación entre o progreso e a conservación do medio.

Os colectivos que se integren na Plataforma aportando a cuota inicial, disporán dunha ampla recompilación de todas as actividades e documentos producidos dende a súa formación no ano 1994.  

Calquera colectivo que desexe colaborar coa Plataforma, sexa aportando suxerencias, informacións, axuda técnica, referencias de expertos na materia, información de outras experiencias, situacións ou modelos de comunicación, ou apoio de calquera tipo, contará co noso agradecemento e información de todas as actuacións que se leven a cabo.

   

FEBREIRO 2000 – NOTA DE PRENSA

Rexeitamos a vía rápida por entender que, amáis da agresión que supón para a comarca, nin é útil para cubrir as necesidades de comunicación da nosa poboación, nin vai resolver os atascos dos días de verán.  

Lamentamos que se siga a deseñar a mellora das comunicacións da comarca desde fóra dela, e sen contar cos colectivos de aquí. Que se proxecte cos mesmos criterios que se fóra unha comarca do interior, e facendo gala dun grave descoñecemento do Morrazo, ata o punto de que nin se decatan da existencia da ría, excelente vía de comunicación pola que chegamos a Vigo en dez minutos.  

Entendemos que a solución ao tráfico debe pasar pola reducción de vehiculos nas estradas, para o que, por unha banda, se deberá reducir a necesidade de desprazarse dotando á comarca dos servicios e equipamentos que por non telos, obrígannos a perder tempo na estrada para chegar a eles. (Hospital, ocio, xestión administrativa, deporte,…), ao tempo que se deberá potenciar o transporte público colectivo, especialmente o marítimo como opción de futuro. 

De calquera xeito, neste momento é posible mellorar o tráfico, abrindo as circunvalacións das vilas e mellorando as estradas actuais, dotándoas dun terceiro carril e realizando melloras nos cruces, paradas de autobuses, pasos de peóns,… que permitan máis fluidez de tráfico. Estas actuacións son necesarias e serán de utilidade para tódolos usuarios da comarca.

   

MARZO 2000 - NOTA DE PRENSA

Ante recentes noticias publicadas nos medios, esta Plataforma quere facer as seguintes aclaracións, que consideramos fundamentais: 

  • A Plataforma Anti-Vía Rápida, non está formada por ecoloxistas, exclusivamente. Está constituída por asociacións culturais, partidos políticos, xuntas de montes, e grupos ecoloxistas.
  • Fálase agora de recuperar o primeiro trazado para non dañar ás casas, e quen esto afirma só demostra ignorancia, feble memoria ou mala fe, pois aquel proxecto textualmente dicía: "Resulta unha importante cantidade de propietarios afectados. Os casos máis importantes son aqueles ós que se lles expropia unha casa ou vivenda que constitúe o seu lugar de residencia,…"
  • O primeiro proxecto foi rexeitado por esta Plataforma, pero tamén polos moitos centos de veciños de Moaña e Cangas que presentaron tantas alegacións que a Consellería se veu incapaz de contestar.
  • O segundo proxecto tamén o rexeitamos, e lembramos que centos de veciños secundaron e asinaron as alegacións por nós elaboradas.
  • Non estamos a favor de ningunha obra que tire casas. Parece ser que se nos quere responsabilizar de que se afecten casas, esquecendo que, quen proxecta e executa este tipo de obras é a CPTOPV da Xunta de Galicia. A ela, e a quen pide unha vía rápida, Sotelo por exemplo, haberá que pedir responsabilidades dos danos que causen na comarca. Nós non pedimos unha vía rápida. Propoñemos solucións menos daniñas e máis útiles.
  • É un erro pensar que unha estrada polo monte só prexudica ás árbores. Non é iso o máis grave. Haberá camiños cortados, desvalorización ambiental e paisaxística, e corte das venas de auga que producirá a seca dos pozos e mananciais, e a recollida de grandes cantidades de augas que pasan a engrosar os caudais dos ríos, que logo se verán desbordados. Xa puidemos comprobar estes efectos en obras semellantes e próximas. A estrada polo monte non só afecta por onde pasa. Afecta a tódolos que viven máis abaixo dela.
  • Unha vía rápida nin beneficia a comunicación dos veciños da comarca, nin resolve os atascos do verán. Esta obra só se pode entender polo interese de beneficiar a determinados proxectos urbanísticos de élite, que agardan na sombra, de aí o recente interese de que remate en Aldán. Curiosamente están a ter unha valiosa axuda de xente que non participará deses beneficios.
  • Nestes momentos hai unha empresa da Coruña facendo o traballo que lle encargou a Consellería, que consiste en "planeamento de diagnose da situación viaria da comarca do Morrazo", e sen que se coñeza tal diagnóstico, parece ser que xa está claro cal ten que ser a mediciña: vía rápida. Curioso procedemento.
  • Lembramos que non temos poder de decisión. Iso corresponde á Consellería e ós Concellos. Nós simplemente exercemos o dereito cidadán de expresar o noso parecer sobre un tema que nos preocupa. Moi equivocados non debemos estar cos nosos plantexamentos, cando tanto preocupan en certos ámbitos.
  • A Plataforma non rexurde porque nunca esmoreceu. Desde o ano 1994 estamos en continua actividade. Observamos con satisfacción como o noso traballo non vai caendo en saco roto. Aínda só hai dous anos había quen rexeitaba as circunvalacións e hoxe as considera necesarias. Ou cando xa no 1994 plantexamos a necesidade de dotar á comarca de mellores equipamentos e servicios, decíndonos daquela que iso nada tiña que ver coas comunicacións, e hoxe vemos como xa moitos colectivos ven a necesidade de dotar mellor á comarca. O reclamado hospital é un exemplo.
  • É de lamentar que os esforzos que algúns políticos e colectivos están a facer por conseguir a vía rápida, non se apliquen a mellorar as deficientes estradas que temos nos nosos concellos. Non é de recibo que nunha comarca con tanta densidade e dispersión da poboación, non se teña en conta ós que andan a pé, en bicicleta, ou cun carro de verduras. Loitar por melloras útiles para todos ou por dotar de transporte público a tódolos lugares da comarca, sería amosar preocupación pola veciñanza.
  • Por último dicir a aqueles que interesadamente tachan as nosas propostas de retrógradas, que non estamos contra o progreso da comarca. Polo contrario, baseamos a nosa postura nas experiencias coñecidas e nas últimas tendencias en comunicación que se manexan nos países europeos, incluíndo as Directivas da Comisión Europea. 

4 de marzo do 2000

   

BONO DE AXUDA

Estamos a traballar xa na recompilación de documentación, na investigación de situacións semellantes e solucións adoptadas, na elaboración de orzamentos alternativos e na elaboración dunha proposta alternativa que poder presentar á veciñanza como solución global ao problema das comunicacións, útil para todos e respectuosa co medio natural, cultural e social. 

Co fin de obter os fondos precisos para poder levar a cabo este ambicioso plano, sacamos á rúa un "Bono de axuda" por valor de 200 pesetas, que poñemos á disposición de persoas e asociacións que queiran colaborar co noso proxecto. 

O Bono consiste nun tríptico de peto, en catro cores, que ten o seguinte contido: 

Mapa do Morrazo coa situación dos elementos máis salientables do Patrimonio Histórico e Natural; enumeración de impactos que pode producir a vía rápida; proposta alternativa da Plataforma; breve descrición da actividade da Plataforma e enderezos de interese. 

Enviarémosvos o número de bonos que queirades ao enderezo que nos digades. Poderedes aportarnos o seu valor por transferencia á conta abaixo indicada, cos gastos ao noso cargo, ou devolvernos os que vos sobren, por correo. 

Por unha máis harmónica relación entre o progreso e a conservación do medio,…contamos coa vosa colaboración. Gracias. 

  • Plataforma Antí-Vía Rápida do Morrazo
  • Apdo. 49  

    36940 – Cangas do Morrazo (Pontevedra)

  • Correo-E: morrazo@arrakis.es 

    Conta da Plataforma:  

    Caixavigo e Ourense. – Sucursal COIRO. Avda. Ourense 27–36947 Coiro – Cangas. Conta Nº: 2080 0079 90 0040004175 

       

    ABRIL 2000 - NOTA DE PRENSA

    Despois da polémica suscitada en días pasados a raiz da desafortunada intervención do portavoz do Partido Popular, no Parlamento Galego na que se relacionaba a victoria popular nas eleccións xerais cos movementos sociais deste país, esta Plataforma expón:

    1. Nin a Plataforma Anti-Vía Rápida nin outras, participamos nas eleccións polo que non entendemos que relación poden ter cos nosos movementos.

    2. Esta Plataforma estase a defender dunha política, que entendemos errada, da COTOPV da Xunta de Galicia, na que o PP ten maioría absoluta, o que non impediu que botaramos abaixo dous proxectos de vía rápida para o Morrazo. Estas eleccións non modificaron o panorama político galego, polo tanto, para nós a situación en nada cambiou. 

    3. Que as plataformas cidadáns molestan ao PP é evidente, pero quizais se deberan preguntar a causa da existencia de tanto movemento veciñal, que ante a falla de diálogo e distanciamento entre goberno e cidadanía, representan a única posibilidade de manifestar descontento e de defenderse ante problemas nos que a sociedade vese desamparada. Negar ou non aceptar o papel do asociacionismo cidadán significa un retroceso nas libertades democráticas que non estamos dispostos a permitir.

    4. Atacar ao movemento cidadán que se desenvolve dentro do marco legal, significa non aceptar a libertade de expresión, nin a diversidade de ideas e criterios ante cuestións que afectan á sociedade. Que isto se faga dende postos de responsabilidade e representatividade democrática, parécenos inadmisible.

    5. Consideramos necesaria a  existencia dun movemento social activo e comprometido, como elemento de vixiancia e control da legalidade, en moitas ocasións infrinxida polas propias institucións que terían que salvagardala, e para equilibrar a presión de outras “plataformas” que se ben non saen ás rúas, saben moverse moi ben polos despachos. Enténdase grandes empresas constructoras, inmobiliarias, do automovil ou da enerxía.

     

    AGOSTO 2000

     

    A CPTOPV saca a información pública un novo proxecto de vía rápida. O terceiro en seis anos. Nese mesmo tempo, non se realizou ningunha mellora nas estradas da comarca. 

    O prazo de alegacións ao Estudio Informativo do Trazado rematou o día 19 de setembro.

    ¡¡¡FORON PRESENTADAS NA COMARCA MÁIS DE 2.500 ALEGACIÓNS 

    AO ESTUDIO INFORMATIVO!!!

    O prazo de alegacións ao estudio de Impacto Ambiental, rematou o día 5 de outubro.

    Este último proxecto causa maior impacto ambiental que os anteriores, non aporta ningún beneficio ás comunicacións da comarca, anque xa queda claro cal é o motivo de tanto empeño nunha vía rápida: a especulación urbanística en terrenos de monte comunal da parroquia de Aldán, incomprensiblemente en mans da Condesa. ¿¿¿Feudalismo no século XXI???

    Contamos con Alegacións e preparamos outras accións para facer que volvan retirar o proxecto.

    ¡Defende O Morrazo! ¡Alega contra a Vía Rápida!

    A Consellería de Obras Públicas da Xunta de Galicia, volve á carga cun tercer proxecto máis agresivo cos anteriores, que no seu momento tivo que retirar ó verse incapacitada para contestar ás nosas alegacións, e gracias ó enorme rexeitamento social na comarca e ós apoios recibidos de todo o estado.
     
    É realmente o estudio informativo máis vacío de contido, información e xustificación. Non presentan ningún estudio serio das necesidades de comunicación, os inventarios ambientais están falseados coa obsesión de non mencionar ningunha especie vexetal autóctona, nin animal protexido. Manexan o inventario arqueolóxico ó seu antoxo co fin de ocultar os danos que causarían. Vinte xacimientos quedarían afectados según informe dun arqueólogo da Univ. de Santiago, mentras eles afirman non afectar a ningún. Cruzan polos espacios protexidos, Montes do Morrazo e Carballal de Coiro, cegando os vales dos ríos con aterraplenados de máis de trinta metros de altura. En dezaoito kilómetros só proxectan un viaducto de 240 metros de lonxitude. Para evitar as pendentes rebaixan os montes con grandes excavacións, chegando no Monte Liboreiro, castro prehistórico, a pasar a estrada por unha zanxa de 45 metros de profundidade, a menos de vinte metros das casas de A Portela.

    Non presentan ningún estudio hidrolóxico da comarca, ignorando a situación e importancia dos mananciais e captacións de augas para as traídas veciñais, moitas delas afectadas, do mesmo xeito que eluden o estudio de cuncas, cauces e caudais dos ríos, que terán que acoller o suplementario aporte das augas que corta e recolle a vía. 

    A obra é excesivamente costosa para a comarca e para o erario público. Os dezaoito kilómetros de estrada están presupostados en 11.000 millóns, e iso facendo chanchullos, pois nunha rexión totalmente granítica, calculan 0 metros cúbicos de excavación de pedra para que non suba máis a cifra. Valoran todos los desmontes como si se foran a atopar sóamente terra. 

    ¡¡¡ 4.374.576 metros cúbicos de desmontes !!!

    Poderíamos seguir pero corremos o risco de que non vos creades o que vos contamos. Pero vos aseguramos  que non nos gusta exagerar as cousas.
    Contamos coa vosa axuda para tumbar este proxecto.
    Xa antes caeron dous.

    ¿Por que tivemos que alegar?

     

    Descarga de alegacións ao Estudio de Impacto Ambiental.

    En galego.    ---    En español.

     

    SETEMBRO 2000

    A Plataforma Anti-Vía Rápida comunica que como primeiro paso, e previo ao procedemento de alegacións contra o estudio informativo e de impacto ambiental que está en marcha, presenta unha solicitude de retirada do proxecto alegando o inadmisible impacto natural e social que conleva esta obra, que por outro lado é inútil porque está demostrado que as vías rápidas nin resolven os atascos nin garantizan progreso económico.

    A Plataforma entende que o problema das comunicacións da comarca debe solucionarse cunha proposta global na que se teñan en conta as circunvalacións, indispensables para o desenvolvemento dunha vila moderna, e a mellora de toda a rede de estradas, que hoxe non resolven a situación do tráfico actual debido ao abandono neglixente, ou calculado, con que a CPTOPV trata a esta comarca.

    Este problema, en calquera caso, debérase solucionar cun amplo debate entre os colectivos cidadáns, dialogando e buscando o consenso, tal como prometeu o Conselleiro e que non cumpliu. Sería este, motivo suficiente para que retirara o proxecto, dera marcha atrás e de unha vez por todas se comezara por ter en conta aos veciños do Morrazo.

    Esta solicitude está a ser asinada por moitos colectivos veciñais, que sen estar integrados na Plataforma están a amosar gran preocupación e rechazo por este proxecto.

    Calquera asociación que queira secundar esta proposta de retirada, pode dirixirse á Plataforma, que o xoves día 7, ás 19,30 h. terá unha reunión na Casa da Cultura de Cangas.

     

    SR. CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

      

    D./Dª. ...........................................................................................................................................

    con D.N.I.nº ..............................................  en nome e representación de ...................................

    .......................................................................................................................................................

    en relación co proxecto de vía de alta capacidade do Morrazo, que saiu a información pública por resolución da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de 10 de agosto de 2000

    EXPÓN:

    • Que esta vía causa un grave impacto ambiental e social na comarca, con irrecuperables afeccións á paisaxe, ós espacios naturais protexidos de Montes do Morrazo e Carballal de Coiro onde causa danos a notables extensións de bosque autóctono e a áreas de lecer, ó igual que a outros lugares de innegable valor cultural e sentimental para a veciñanza da zona, como A Poza da Moura e a Carballeira de Bronlle.
    • Que afecta gravemente ó rexime de augas superficiais e subterráneas, o que repercutirá na calidade e cantidade das augas de ríos, pozos e mananciais.
    • Que destrúe ou altera importantes xacementos prehistóricos catalogados como Bens de Interese Cultural que como tal están protexidos.

    ·        Que por outra banda, non responde ás necesidades de comunicación entre os pobos do Morrazo, que non son precisamente as de chegar ás praias, senón as do traballo diario no que terán que seguir a usar as deficientes estradas de que dispoñen, estreitas, sen arcéns nin beirarrúas, que veñen sufrindo un abandono sistemático na súa conservación e mellora.

    ·        Que nin sequera se recollen neste proxecto as promesas feitas por ese Conselleiro e alcaldes da comarca, que aquí lle lembramos:

    3 de agosto de 1997. Faro de Vigo.

    La mejora viaria de O Morrazo, un asunto “complexo”

    “Queremos facer unha vía importante. A saída lóxica é consensuar o proxecto antes de facelo, senón, mentres eu sexa conselleiro, non se vai facer”, afirmó Cuiña. 

    13 de marzo de 1999. La Voz de Galicia.

    El proyecto de vía rápida provoca un malestar generalizado en los vecinos

    En el acto de presentación del estudio informativo, Cuiña asumió como culpa de la Xunta el haber propuesto inicialmente (1994) un trazado que discurría por el monte, diciendo que implicaba un impacto excesivo.

    10 de abril de 1999. Faro de Vigo.

    El PP de Cangas se suma al rechazo de la vía rápida y defiende un nuevo trazado

    Sotelo continuó su discurso lanzando argumentos cada vez más cercanos a los planteamientos del cuatripartito. Como que ”o proxecto que se leve a cabo deberá levar implícito a mellora da rede secundaria. Terá que ser unha proposta global”.

    14 de enero de 2000. La Voz de Galicia.

    Más de cinco mil millones para la vía rápida

    “É o último intento”, aseguró. Cuiña reiteró su disposición a consensuar el trazado “para que sexa un vial acariciado por todos e, a ser posible, non rexeitado por ninguén”.

    En él, “indefectiblemente”, afirmó, “teñen que estar as circunvalacións de Cangas e Moaña, porque son tramos clave”.

    17 de febrero de 2000. La Voz de Galicia.

    Sotelo afirma que se construirán a la vez la vía rápida y las circunvalaciones

    Sotelo afirma, tras entrevistarse con el director general de Obras Públicas, Agustín Hernández, que la Xunta incluirá en un mismo proyecto la apertura de esta carretera, la de las circunvalaciones contempladas en las respectivas normas urbanísticas, con sus correspondientes conexiones y un vial que comunica la vía rápida con Aldán.

    POLO TANTO E ALEGANDO

    ·        Que esta obra suporía un mayor impacto para o medio que o proxecto de 1994, rexeitado por tal motivo como arriba quedou recollido en palabras de ese Conselleiro.

    ·        Que non foi consensuado cos colectivos cidadáns da comarca.

    ·        Que non contempla o desenvolvemento das circunvalacións de Moaña e Cangas.

    ·        Que non representa unha proposta global que considere a mellora da rede secundaria.

    SOLICITA

    A retirada do proxecto para posteriormente, tendo en conta ós veciños e veciñas do Morrazo, se establezan canles de diálogo, como mellor camiño para chegar á solución dos problemas de comunicación da comarca, ó que todos estamos dispostos a colaborar.

    .............................................. a ..................... de ........................................... de 2000

    (Sinatura)                               

    Asinado:....................................................................

                                                                                                                                                                 (Nome e apelidos)

     

    A VÍA RÁPIDA NON RESOLVE OS PROBLEMAS DE TRÁFICO

    La Voz de Galicia. 16 de agosto de 1997

    Al mediodía se formaron colas de hasta 21 kilómetros para acceder a las playas de las Rías Baixas

    Colosal atasco en Sanxenxo

    La carretera C-550 registró ayer, entre Pontevedra y las localidades turísticas de Sanxenxo y O Grove, uno de los mayores atascos que se recuerdan en los últimos cuatro años, tiempo que lleva funcionando la vía rápida de O Salnés.


    Faro de Vigo. 11 de julio de 2000

    Audasa atribuye el colapso en la autovía del Miñor a la “desbandada” de los bañistas

    El intenso tráfico de vehículos durante el primer fin de semana de calor del verano se saldó con un atasco de hasta siete kilómetros que bloqueó la circulación en el tramo entre Vigo y Baiona de la Autopista del Atlántico.

    “Los festivos del verano se producen atascos en las autopistas de toda España”, apunta un portavoz de Audasa.


    Faro de Vigo. 11 de julio de 2000

    Retenciones de hasta cinco kilómetros en las vías entre Sanxenxo y Pontevedra

    El tráfico de vehículos en la carretera comarcal C-550 y en el acceso a la vía rápida de O Salnés bloquearon el tráfico entre Sanxenxo y Pontevedra desde las 19.30 hasta las 22.00 horas del pasado domingo.

    Como consecuencia de la acumulación de vehículos se formó una retención que impidió a los conductores tomar la C-550. La congestión en la circulación se trasladó también al interior de Sanxenxo.

    Las retenciones se mantuvieron desde la playa de Montalvo hasta el acceso a la vía rápida y en toda la C-550.

    Fuentes municipales aguardan que este tipo de retenciones se repitan durante los próximos fines de semana.


    La Voz de Galicia. 11de agosto de 2000

    Punto negro en A Lanzada

    Cada fin de semana los accesos a la península de O Grove se colapsan debido a la masiva afluencia de visitantes a las playas. Las retenciones no solo afectan a la carretera de la costa. La vía rápida planteada como alternativa, registra también largas colas.

    Para intentar solucionar este problema, la Xunta de Galicia proyecta la mejora de la red viaria en el interior de la península meca. ¡Empezáramos por ahí!

    A VÍA RÁPIDA NON GARANTIZA O PROGRESO ECONÓMICO

    Faro de Vigo. 2 de abril de 1999

    O Morrazo es la segunda comarca gallega que más creció en Galicia durante 1997

    El informe “La perspectiva comarcal”, integrado en el “Directorio Ardán 1999” que publicará en los próximos días la Zona Franca de Vigo, la sitúa entre las diez más dinámicas de la autonomía

    O Morrazo experimentó la segunda mayor tasa de crecimiento económico comarcal de Galicia en 1997 respecto a 1995, con un aumento del 32,71 por ciento.

    Las comarcas de O Salnés y A Barbanza (ambas con vía rápida), quedan bastante atrás con unos crecimientos del 21,26 y 15,11 por ciento, respectivamente.

    ¿PARA QUE, ENTÓN, UNHA VÍA RÁPIDA?

    Faro de Vigo. 29 de julio de 2000

    Xosé Cuíña presentó ayer en Moaña el trazado “definitivo” de la vía rápida.

    Si sus previsiones se cumplen, sólo quince minutos separarán a Vigo de las playas de Cangas en el año 2005.


    Non preocupan as necesidades dos veciños. Son máis importantes os futuros propietarios das urbanizacións da costa, con parcelas de 2000 m2 , piscina e porto deportivo ó pe do chalé. 

    ¡Agora queda claro!  

     

    COA VÍA RÁPIDA POLO MONTE, 

    TODOS SOMOS AFECTADOS.

    Coa construcción dunha vía rápida quedaría seriamente afectado o réxime hidrolóxico, tanto das augas superficiais como das freáticas, ao cortarse o seu fluxo natural. 

    Por esta causa baixaría o nivel dos pozos, podendo chegar a secalos no verán,  mentres que fontes e mananciais, poderían desaparecer.

    La Voz de Galicia. 6 de septiembre de 2000

    El alarmante descenso del nivel de los depósitos obliga al Ayuntamiento a recargarlos con cisternas

    Las obras del túnel de la A-6 podrían dejar Pedrafita sin agua al dañar los acuíferos

    Primero fue un desplome, luego grietas en las casas y ahora daños, parece que irreparables, 

    en los acuíferos que suministran agua a la población.

     

    Por outra banda, ao encauzar todalas augas que corta, ademáis das que recolle a propia vía, e conducilas aos pequenos ríos existentes, aumentaría a posibilidade de provocar riadas e asolagamentos nas zonas baixas.

    A modo de exemplo. O día que máis choveu do ano 1999, recolléronse en Cangas 54,7 l/m2. Os ríos da comarca baixaban cheos. En tal día como ese, unha vía rápida ou corredor, que atravesara os nosos montes, enviaría só aos ríos Bouzós e Presas, que desembocan xuntos no Señal, 3.856.350 l (tres millóns oitocentos cincuenta e seis mil trescentos cincuenta litros), que habería que engadilos aos que xa recolle de xeito natural.

    Veciño, veciña,... ¿podes facerte unha idea de por onde se metería toda esa auga?

    Nós preferimos nin imaxinalo.

    La Voz de Galicia. 22 de abril de 1999

    La lluvia y la tierra de las obras de la autopista anegan varias casas de Vigo

    Aterramientos por el derrumbe de taludes, anegación de los accesos a las fincas, acumulación de tierras en las propiedades, impago de las expropiaciones y anulación de manantiales y pozos, son algunas de las consecuencias que los vecinos de las parroquias viguesas de Beade, Bembrive o Valladares citan de carrerilla acostumbrados a repetirlo una y otra vez. Desde que se iniciaron las obras vienen apuntando del peligro que supone la concentración de aguas.

    Los vecinos llevan dos años sin poder acceder a sus propiedades al encontrarse cortado el paso por las obras, sin ofrecer otras vías alternativas.

    7/09/2000

    A Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo cre preciso facer unhas aclaracións sobre o procedemento de alegacións ao estudio informativo, ante as desinformacións emitidas dende os concellos:

    1.     O procedemento de información pública en que se atopa neste momento o proxecto da chamada vía de alta capacidade, é único e non haberá máis oportunidade de alegar contra a concepción do trazado, os danos causados ou a utilidade da obra. Pola Lei de Estradas, tras superar o proceso de alegacións, a CPTOPV, queda capacitada para proceder á Declaración de Dominio Público, polo que xa só queda posible personarse na vista de expropiación.

    2.     A zona de fluctuación coa que queren tranquilizar aos afectados é un engano se nengún fundamento legal. Que pense o veciño a quen lle digan que non está afectado porque se desvía o trazado hacia arriba,  que ao veciño afectado de máis arriba lle din que non se preocupe que irá máis abaixo.

    3.     A Plataforma Anti-Vía Rápida ten asesoramento legal e está a preparar unhas alegacións debidamente artelladas e legalmente argumentadas que se porán a disposición de tódolos veciños que as queiran secundar, para o que se convocarán asembleas na próxima semana.

    4.     Aconsellamos aos veciños que non asinen calquer papel sen asesorarse ben. Están circulando papeis para asinar que non teñen  posiblilidade de prosperar como alegacións por deficiencias de forma.

    5.     O día 19 deste mes, remata o prazo para alegacións ao Estudio Informativo, e o 5 de outubro, remata o prazo para alegacións ao Estudio de Impacto.

     

    A tódalas asociacións e colectivos cidadáns do Morrazo.

    Estimados conveciños:

    O día 5 de outubro remata o prazo para presentar alegacións ao Estudio de Impacto Ambiental da vía de alta capacidade do Morrazo, e lembramos que é necesario alegar para defender a comarca das consecuencias irreparables que esta obra pode deixar.

    O Estudio de Impacto Ambiental debera ser o instrumento que relatara os efectos que a obra podería producir no medio, para poder establecer as medidas de corrección  e garantizar a protección da comarca, pero lamentablemente, e calquera o pode apreciar, o que presentan limítase a un mero trámite formal sen garantizar a finalidade deste instrumento de protección.

    Isto é así porque, de xeito breve e resumido:

    •   Oculta os danos ao Patrimonio Histórico e Cultural, cando afecta a vinte xacementos prehistóricos, nove deles declarados Bens de Interese Cultural, e protexidos por lei.

    •  Nega o valor paisaxístico da comarca, desvalorizando todo o que temos para así xustificar que o dano que causan non é grave, cando cegan os vales con grandes recheos de ata 35 m de altura.

    •    Néganlle valor ecolóxico ao Carballal de Coiro e o atravesan, cando foi protexido por decreto da Xunta de Galicia, polos seus valores ecolóxicos.

    •   Ocultan a desaparición da Poza da Moura e o desvío das súas augas, facendo desaparecer a fervenza de Domaio.

    •  Ocultan a ocupación de casas e propiedades, e as consecuencias que producirá a centos de casas, que quedando ás beiras da vía, verán mermada a súa calidade de vida, co ruido, contaminación, aillamento, profundas zanxas ou altos terrapléns a poucos metros das vivendas.

    •  Eluden totalmente, mencionar os efectos que producirán nas augas. Por un lado, a seca de fontes e pozos, debido aos enormes cortes do terreo, e por outra banda,  a concentración de augas que aumentará o caudal dos ríos, con serios riscos para tódolos vales do Morrazo.

    • Non contan co caos que se vai producir nas estreitas estradas onde desembocará un elevado volume de vehículos, agravando os problemas que xa temos.

    Ao non admitir ningún dos efectos previsibles, tampouco establecen ninguna medida de corrección nin de prevención dos danos, polo que O Morrazo queda desprotexido xustamente polas intitucións que tiñan que velar por el.

    A manobra da CPTOPV de deixar estas alegacións para quince días máis tarde que as do trazado, buscaba que os veciños nos relaxaramos e confiaramos en que xa estaba todo feito coas alegacións do pasado día 19.

    É preciso pedir a nulidade deste Estudio de Impacto porque non cumpre a lexislación e nos deixa na máis absoluta indefensión.

    Temos alegacións á vosa disposición nas asembleas que realizaremos estes últimos días, e nas copisterías KOPIAK de Moaña, e ARTIPLAN de Cangas.

     

    ¡Temos que alegar todos contra o Estudio de Impacto Ambiental!

    ¡Terán que contalas por milleiros, desta vez tamén!

    Descarga de alegacións ao Estudio de Impacto Ambiental.

    En galego.    ---    En español.

      CAMPAÑA 2001  

    O último capítulo, que non será o derradeiro.

    Despois do procedemento de información pública do ultimo proxecto, xa van alá máis de cinco meses e non hai respostas ás alegacións, máis de tres mil presentadas na comarca.

    No entanto, despois de reducir drasticamente o orzamento previsto para este ano, o que podería significar un novo abandono do proxecto, preséntase en Cangas Cuíña, o 1 de febreiro a media mañá, para anunciar con grande despregue propagandístico, que a vía rápida será licitada este ano. Presenta un proxecto modificado que supón supresión de algúns enlaces, creación de outros novos (campo de golf), construcción de falsos túneles e viaductos, desvíos de trazado pretendendo evitar xacementos arqueolóxicos pero cargándose outros,...

    Todo isto o expoñen nun panel, acaba a presentación e o levan con eles. Quedámonos sen coñecer o que realmente supoñen os cambios, nin se é viable tecnicamente o novo trazado. O realmente inaudito, é que sendo practicamente un novo proxecto, non teñen intención de presentalo a información pública, volvendo a deixar aos veciños do Morrazo na máis absoluta indefensión.

    O orzamento do novo proxecto é de 8.000 millóns “máis os que fagan falta” (literal), o que nos fai tremer só de pensar como entenden estes a democracia,  a transparencia económica e esas outras cousas que soan tan ben nos discursos.

    Os cambios anunciados non reducen o grave impacto denunciado nas alegacións que formulou a Plataforma. Segue habendo graves afeccións ao patrimonio arqueolóxico, atravesa espacios naturais protexidos, Montes do Morrazo e Carballal de Coiro, deixa un grave impacto paisaxístico e irreversibles danos no réxime de augas da comarca.

    A vía segue sen ter en conta á rede viaria da comarca, non é útil para a comunicación entre lugares da comarca, non é resultado dunha planificación seria e global, só responde a un obxectivo: as urbanizacións que en Aldán pretenden ofertar residencias de “alto standing”, parcelas de 2.000 m2, piscina, porto deportivo,... todo a 15 minutos de Vigo.

    E non teñen malos valedores estes especuladores cando conseguen un proxecto de elevada inversión pública á súa medida, (¿qué lles importa que o resto dos viais da costa queden colapsados se terán a vía rápida na súa porta?), e incluso conseguen ser respectados polo espacio Rede Natura 2000 de Cabo Udra, que chega xustamente ata onde comezan os seus intereses.

    Estamos sendo víctimas de un xogo de altura executado por “xente de pouca estatura”. A Plataforma Anti-Vía Rápida que conta co apoio de colectivos veciñais do Morrazo e ecoloxistas de Galiza e resto do estado, está disposta a poñerlle un “tapón”.   

     

    EXPOSICIÓN

    Entre os días 22 e 30 de abril, estará exposta no Cafe Teatro do Real, en Moaña, a Exposición Gráfica Itinerante da Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo:

    "As razóns do non" 

    -Argumentos para a defensa da comarca contra unha agresión anunciada-.

     

    En 17 paneis agrupados en catro bloques, Patrimonio Histórico, Espacios Naturais, Impactos das infraestructuras de comunicación e Alternativas, a Plataforma expón a situación das comunicacións na comarca de O Morrazo, a problemática actual e a que derivaría da construcción da proxectada vía de alta capacidade, propoñendo alternativas racionais, útiles para tódolos usuarios e respectuosas co patrimonio cultural e natural, ao tempo que compatibles cun desenvolvemento armónico e sostible.
    O acto de presentación, que contará coa intervención de persoeiros da Cultura e do Ecoloxismo do ámbito galego, terá lugar o martes día 24, ás 20 horas, no Café Teatro do Real, en Moaña.
     

    ¡Estades invitados!

     

    RECLAMACIÓNS ANTE O VALEDOR DO POBO 

    E A COMISIÓN EUROPEA

    No mes de maio presentáronse sendas reclamacións ao  Valedor do Pobo da Comunidade Autónoma de Galicia pedindo que se controle o procedemento seguido pola CPTOPV, e ao Director Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea pedindo vixiancia sobre o cumprimento da lexislación comunitaria en dito proceso. Ambas reclamacións foron acompañadas dun amplo dossier onde se recolleron tódalas resolucións da Xunta de Galicia, as actuacións desta Plataforma, informes técnicos e recompilación de prensa, entre outras informacións.

     Os documentos presentados telos aquí disponiles en formato Word:

    VALEDOR.doc                                           COMISIÓN EUROPEA.doc

    OS DO SÍ, SEN RAZÓNS NIN ARGUMENTOS, OPTAN POLA REPRESIÓN.

    ¡¡¡COMA NOS "MELLORES" TEMPOS!!!

    O ALCALDE DE CANGAS DENEGA PERMISO Á PLATAFORMA ANTI-VÍA RÁPIDA PARA EXPOÑER NA CASA DA CULTURA  despois de terllo solicitado por conducto regulamentario e de estar xa exposta a montaxe gráfica: AS RAZÓNS DO NONArgumentos para a defensa da comarca contra unha agresión anunciada.

      A exposición consiste en 17 paneis agrupados en catro bloques, “Patrimonio Histórico”, “Espacios Naturais”, “Impactos das infraestructuras de comunicación” e “Alternativas”, nos que a Plataforma expón a situación das comunicacións na comarca de O Morrazo, a problemática actual e a que derivaría da construcción da proxectada vía de alta capacidade, propoñendo alternativas racionais, útiles para tódolos usuarios e respectuosas co patrimonio cultural e natural, ao tempo que compatibles cun desenvolvemento harmónico e sostible.

     O alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, denegou permiso para que se expusera na Casa da Cultura sen alegar razón algunha, cun breve “non é posible atender a súa petición”. En días posteriores declara na prensa cousas como:

    -“Yo estoy a favor de la vía rápida, los que esten en contra que se busquen otro sitio para sus exposiciones”,

    -“La Casa de la Cultura está para cosas más importantes” (¡¡¡Ao día seguinte de retira-la exposición houbo unha degustación de ternera gallega!!!)

    -“Estos pretenden que en el Morrazo vivamos en las cavernas”

    -“Que estén tranquilos los ecolojetas, que cuando se exponga el proyecto tendrán tiempo de manifestarse” (¡¡¡Fai nove meses que agardamos pola resposta das alegacións!!!).

     ¡NON IMOS QUEDAR CALADOS!  

    Por moi triste que pareza, despois de máis de vinte anos de democracia, hai que lembrarlle ao alcalde que as leis amparan ás asociacións cidadás e a súa actividade, e que un estado de dereito obriga a tódolos cidadáns, e a un gobernante elixido democraticamente máis, polo que non son de recibo nin dignas do cargo que representa, as declaracións feitas á prensa.

    Ampla é a lexislación que defende e promove o asociacionismo. Desde a Constitución Española (artigos 21, 22 e 23), ata a Resolución A-2-196/1986 das Comunidades Europeas, de 13 de marzo de 1987, sobre Asociacións sen Fins de Lucro na Comunidade Europea, onde se di:

    •  A liberdade de asociación constitúe un dereito esencial da democracia, recoñecido pola Declaración Universal de Dereitos Humanos e o Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos, e que ademais de garantirse no que afecta ao seu principio, debe dispoñer tamén dos medios necesarios para a súa expresión.

    • As asociacións prestan un importante servicio á Comunidade:

    • Desenvolvendo o espírito de iniciativa, de responsabilidade e de solidariedade dos seus membros.

    • Constituíndo centros activos de vida democrática.

    • Servindo con eficacia ao interese xeral, de forma complementaria á acción dos Estados.

    • Cumprindo unha función insustituíble de mediación, intercambio e equilibrio social.

    Afirmar que a postura da Plataforma pretende instalar a comarca na era das cavernas, é, como mínimo, mostra dunha profunda falla de coñecemento sobre as directivas e as liñas políticas comunitarias.

    Se miramos cara a países máis desenvolvidos que xa antes pasaron polo que agora pasamos nós, comprobamos que nunca as novas estradas resolveron os problemas. Máis ben os agravaron. Informes de prestixio en todo o mundo como o de Buchanan en Francia (1985), de Sir Jhon Houghton en Inglaterra (1994), ou do Worlwatch Institut de Washington (1994) constatan que a construcción de estradas por si mesma produce tráfico, polo que as melloras autoanúlanse en pouco tempo.

    Recollendo esa experiencia, xa hai directivas europeas que marcan as liñas políticas de futuro. Citaremos algunhas:

    Carta de Aalborg (1994): “Es indispensable reducir la movilidad forzada y dejar de fomentar el uso innecesario de vehículos motorizados. Daremos preferencia a los medios de transporte respetuosos con el medio ambiente (en particular los desplazamientos a pie, en bicicleta o en transporte público) y situaremos en el centro de nuestros esfuerzos de planificación una combinación de estos medios.”

    Carta de Lisboa (1996) (Suscrita por 1.000 autoridades locales y regionales de toda Europa): “La estabilidad social y la equidad deben basarse en una economía sostenible que esté basada en la capacidad de la naturaleza, es decir, en la sostenibilidad medioambiental. La planificación del desarrollo sostenible debe integrar los aspectos medioambientales en los aspectos sociales y económicos”.

    Declaración de Hannover de los líderes municipales en el umbral del siglo XXI (2000) (Suscrita por la Federación Española de Municipios y Provincias–FEMP): “Los líderes municipales de Europa y de las regiones vecinas, reconocemos que a pesar de los esfuerzos para mejorar el medioambiente, la mayoría de las tendencias medioambientales globales y europeas producen una gran preocupación: muchas de las causas de esta situación de deterioro tienen su origen en la contaminación del aire, el ruido y la congestión del tráfico, que al mismo tiempo son causados por el efecto de los habitantes de las ciudades y municipios en sus vidas diarias.”

    AGENDA 21 LOCAL (Suscrita polo Goberno Español)

    “Desarrollar y promover, según proceda, sistemas de transporte económicos, más eficientes, menos contaminantes y más seguros, en particular sistemas de transporte colectivo integrado rural y urbano, así como redes de caminos ecológicamente racionales, teniendo en cuenta la necesidad de establecer prioridades sociales, económicas y de desarrollo sostenibles, particularmente en los países en desarrollo;

    Desarrollar o perfeccionar, según proceda, mecanismos para integrar las estrategias de planificación del transporte y las estrategias de planificación de asentamientos urbanos y regionales, con miras a reducir los efectos del transporte sobre el medio ambiente.”

    Con esta información diante, non lle debera quedar dúbida ao alcalde, que a postura que mantén a Plataforma contra a vía rápida, ademais de ser completamente lexítima, está na liña das políticas máis progresistas de Europa. A legalidade vixente e os documentos asumidos por tódolos gobernos democráticos nos avalan.

    Pedimos unha explicación pública ao alcalde de Cangas. Se á vista das directivas comunitarias se empeña en defender un proxecto tan agresivo para a comarca, teremos que pensar que:

    • Ou é un inepto e descoñece os aspectos básicos dunha política municipal de progreso, no comezo do século XXI....

    • Ou defende uns intereses que non son os dos cidadáns desta comarca,...

    • Ou pensa que vive en tempos afortunadamente xa pasados.

    Non afirmamos nin unha nin outra, pero en calquera dos casos, non merecería seguir un día máis no cargo que ocupa.

     

    A actitude mantida coa Plataforma esixe:

    • Rectificación e restitución dos dereitos de expresión e información, ou...

    • Dimisión.

    - Temos presentada unha solicitude para que o Concello de Cangas, en Sesión Plenaria se pronuncie sobre estes feitos.

    A Sesión Plenaria que se tería que celebrar o día 29 de xuño, foi aprazada ao 5 de xullo, suspendida por incomparecencia do Secretario (¿   ???), e aprazada de novo ao día 17 de xullo, ás oito da tarde.

    Pedimos a asistencia de toda persoa que desaprobe a actitude do alcalde.

    O equipo de goberno do Concello de Cangas debe saber que non imos consentir nin un paso atrás nas conquistas democráticas lexitimamente adquiridas. 

    - Prepárase en Cangas para o día 28 de xullo, un gran acto con participación de todo tipo de asociacións, pola liberdade de expresión.


    XULLO 2001

      Ley 30/1992. Art. 86: “Quienes presenten alegaciones u observaciones en el trámite de información pública, tienen derecho a obtener de la Administración una respuesta razonada,...”

    Fai xa dez meses que foi exposto a información pública o terceiro proxecto e seguen sen contestar ás alegacións, algo ao que obriga a lei.

    ¿Para que serve entón o procedemento administrativo?

    ¿Para que expoñen a información pública un proxecto se non rematan o proceso?

    O Valedor do Pobo abriu expediente ao proxecto de vía rápida do Morrazo e xa está a levar a cabo os estudios pertinentes sobre o mesmo.

    A Comisión Europea rexistrou a denuncia presentada que será examinada polos seus servicios á luz do Dereito comunitario aplicable na materia.


    28 DE XULLO

    ACTO POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN

    Convocamos a un acto que Pola Liberdade de Expresión celebraremos o día 28 de xullo, sábado, ás oito da tarde, na Alameda Vella de Cangas. Será un acto cultural, con actuacións e intervencións de persoeiros da cultura galega, e do movemento asociativo cidadán en reivindicación dunha auténtica democracia participativa. Gostariamos de contar coa participación dos colectivos e plataformas que hoxe sofren as actuacións prepotentes da administración. Unha concentración de colectivos en loita onde expresar libremente as nosas queixas. Unha reivindicación da voz e da palabra que o poder e os medios ao seu servicio nos negan. 

    (Manifestos, pancartas, carteis,...)

     ¡Contamos coa vosa asistencia e participación!

    AS VANTAXES DE TER

    VÍA RÁPIDA OU AUTOVÍA

    Actualidade das comarcas que teñen “solucionado” os problemas de tráfico con “modernas” vías de comunicación

    El Correo Gallego.                                                                                                                                                        Lunes,  30 de julio de 2001

    VECINOS Y VERANEANTES “VETERANOS” DE SANXENXO CRITICAN LA

     “ABERRANTE” TRANSFORMACIÓN QUE HA PADECIDO LA VILLA EN  LOS ÚLTIMOS AÑOS.

    Los vecinos de Sanxenxo están indignados. Acusan a las distintas corporaciones municipales de auspiciar esta situación provocada por la especulación feroz, convirtiendo a la villa en un desordenado centro vacacional.

    Residentes y veraneantes critican la indiscriminada actuación de la grúa y las constantes caravanas que soporta la localidad.

    Ÿ w v w Ÿ

    La Voz de Galicia.                                                                          Arousa, jueves, 9 de Agosto de 2001

    LA FALTA DE ALTERNATIVAS VIARIAS EN LA

     COMARCA COLAPSA UN VERANO MÁS LA C-550

    El siglo XXI ha llegado pero la red viaria de la Comarca de O Salnés sigue resultando obsoleta para atender las necesidades del tráfico que se generan en el verano. El momento más conflictivo es, tradicionalmente, la primera quincena del mes de agosto. La situación se ha repetido un año más. Esta semana no sólo ha habido colas. En los accesos a O Grove y Vilagarcía se han producido verdaderos colapsos de tráfico que han desbordado a las policías locales y colmado la paciencia de los conductores.

    Ÿ w v w Ÿ

    La Voz de Galicia                                                          Arousa, martes, 14 de Agosto de 2001

    LAS CARRETERAS DE O SALNÉS SUFRIERON

    UNA NUEVA JORNADA DE COLAPSO

    O Grove volvió a vivir ayer una nueva jornada de colapso de todas las vías de acceso e incluso del casco urbano. Tanto el centro como el entorno de la isla de A Toxa se han convertido, desde principios de agosto, en un flujo lento y permanente de coches. Basta decir que había colas en la vía rápida y que los accesos de O Grove volvieron a estar colapsados para hacerse una composición de lugar.

    Ÿ w v w Ÿ

    Faro de Vigo.                                                                            Martes, 14 de agosto de 2001

    COLAS DE SIETE KILÓMETROS PARA ENTRAR EN BAIONA

    La masiva afluencia de visitantes a la villa pontevedresa de Baiona es notoria en esta primera quincena de agosto. Cada hora se registra la llegada de más de tres mil vehículos al centro urbano y su transito se ralentiza sobremanera. La prueba de la lentitud con que rueda el tráfico quedó patente ayer: la colas para entrar en Baiona alcanzaron los siete kilómetros de largo.

    Ÿ w v w Ÿ

    El Correo Gallego.                                                                     Jueves, 16 de agosto de 2001

    DENUNCIAN EL 'CAOS' EN LAS PLAYAS DE A POBRA, CON

     INVASIÓN DE FINCAS PRIVADAS Y DE ACCESOS A HOTELES

    La concentración de un número importante de vehículos, entre ellos autobuses de difícil maniobrabilidad, motivan frecuentes atascos y aparcamientos incorrectos que dan lugar a que los coches obstruyan caminos, accesos a establecimientos hosteleros e incluso a viviendas de las inmediaciones, provocando incidentes o enfrentamientos entre conductores.

    Ÿ w v w Ÿ

    Diario de Arousa.                                                                    Jueves, 16 de agosto de 2001

    LOS ACCESOS A LA CIUDAD, COLAPSADOS

    POR EL TRÁFICO EN LAS HORAS PUNTA

    Los accesos a Sanxenxo estuvieron ayer colapsados en las horas punta del día. Las retenciones se concentraron en todas carreteras interiores pero también en la vía rápida, donde la caravana llegó a alcanzar los diecisiete kilómetros de longuitud.

    El núcleo urbano de Sanxenxo estuvo también colapsado, registrandose importantes atascos.

    Ÿ w v w Ÿ

    La Voz de Galicia.                                                              Vigo, jueves, 16 de Agosto de 2001

    LOS ACCIDENTES Y EL PUENTE DE

    AGOSTO COLAPSARON LA AUTOVÍA

    Los conductores que salían ayer por la mañana de la ciudad sufrieron retenciones de dos horas en el alto de Puxeiros, en dirección a la autovía de Baiona y Val Miñor. La autovía de Val Miñor, que enlaza Vigo con las zonas de playa de Nigrán y Baiona, también registró importantes retenciones al mediodía.

    Ÿ w v w Ÿ

    La Voz de Galicia                                                         Arousa, jueves, 16 de Agosto de 2001

    EL CAOS DE TRÁFICO QUE VIVE O GROVE REAVIVA

    LA DEMANDA DE UNA CIRCUNVALACIÓN

    Los problemas de tráfico en O Grove vuelven a repetirse este verano. Los atascos son casi continuos en este municipio, y las colas de vehículos se pueden ver indistintamente en O Corgo como en la isla de A Toxa. Los efectivos de la Policía Local, destacados en todos los cruces, no dan abasto.


    ¿AÍNDA HABERÁ ALGUÉN QUE NOS DIGA QUE A VÍA RÁPIDA 

    VAI REMATAR COS  ATASCOS?

    AGOSTO 2001

     

    Trala última representación propagandistico-electoral da CPTOPV, realizada con gran despregue de medios pero sen a concurrencia da primeira figura do elenco, o Gran Cuíña, que non se digna presentar persoalmente “a máis importante obra que xamais se fará nesta comarca” (¡¡¡imos listos!!!), a Plataforma Anti-Vía Rápida ten que manifestar que:

    • Asistimos a un capítulo máis, da máis grande burla que a cidadanía do Morrazo sofrira xamais.

    • Preséntase o proxecto sen ter contestadas as alegacións nin publicada a Declaración de Impacto Ambiental.

    • Actúan con secretismo e ocultación de datos, cando se nos presentan as modificacións feitas no proxecto a raíz das alegacións presentadas sen que poidamos comprobar cales son exactamente, pois non deixaron planos onde podelo facer. Pedimos transparencia e libre información ao público. Se a obra é tan boa, ¿a que teñen medo?

    • Polos datos presentados descúbrense graves incongruencias técnicas, o que demostra que seguen a tratar o asunto sen o mínimo rigor e permitenos dubidar da viabilidade.

    • Se falamos sobre o mesmo proxecto presentado ao público, agora fai un ano, non é posible que substituíndo terrapléns por viaductos, (agora son seis cando antes eran dous), apareza un millón máis de metros cúbicos en terrapléns, un 23% máis.

    • Non entendemos como poden manter as pendentes máximas do 6%, cando xa antes estaban no límite e agora, non puntos críticos, din que vai máis arriba.

    • Non é certo que con este proxecto reduzan o impacto sobre o medio. Hai un millón máis de metros cúbicos de desmontes e métese máis adentro nos espacios protexidos de Carballal de Coiro e Montes do Morrazo, non bordea como din eles.

    • Contestando a Sotelo e a Cuíña, diremos que non só dubidamos da necesidade desta obra, senón que estamos convencidos de que o único que trae detrás son beneficios especulativos de determinadas sociedades e máis conxestión de tráfico para as nosas estradas. A miudo lemos na prensa as queixas dos veciños de O Grove (Diario de Arousa, 2-08-01), ou de veciños, veraneantes e hosteleiros de Sanxenxo (El Correo Gallego, 30-07-01) que se lamentan das continuas caravanas e danos sofridos polo intenso tráfico.

    3/08/01

     


    D.O.G. 16 DE AGOSTO DE 2001

    Resolución do 27 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO ESTUDIO INFORMATIVO DA VÍA DE ALTA CAPACIDADE DO MORRAZO (Rande-Cangas). (Clave PO/99.61.0). .

    ¡ A GRAN CHAPUZA !

    IRREGULARIDADES QUE SE OBSERVAN NA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL

     

    Faise pública a Resolución do 12 de xullo de 2001 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a DIA.

     

    ü     Non existe a tipoloxía: Vía de Alta Capacidade con calzadas separadas, nin a de Vía de Alta Capacidade dunha única calzada, con que se define a sección tipo con que se deseña a vía.

    ü     “Durante o periodo de información pública consta a presentación de alegacións de carácter ambiental,...” è Simplifícanse as alegacións ás de carácter ambiental habendo dous procesos, ao Estudio Informativo e ao Estudio de Impacto Ambiental, con distinta finalidade e distintos prazos. Houbo alegacións ao procedemento que non mencionan.

     

    Declaración de Impacto ambiental:

    ü     Faise a DIA sobre documentación non coñecida publicamente diferente da que se presentou a información pública, polo que procedería expoñer a información pública a nova documentación que difire notablemente da coñecida publicamente. Son estes documentos, a Memoria Técnica-Prospección Arqueolóxica Extensiva, realizada en febreiro de 2001, e o Plano titulado Estudio Informativo e Impacto Ambiental do Corredor do Morrazo, con data de entrada na dirección xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o 10 de xullo de 2001, dous días antes da resolución e formulación da DIA. A exposición pública realizouse no mes de setembro de 2000, trala aprobación técnica do estudio informativo e mediante a publicación no DOG nº 169, do 31 de agosto de 2000.

    ü     No punto 2.3 dise que se deberán ter en conta a capacidade de acollida dos regos receptores no deseño dos dispositivos de drenaxe, para evitar alteracións e asolagamentos, cuestión que non será posible segundo alegou a Plataforma aportando datos de posibles caudais, alegación que non se contesta.

    ü     No punto 4.1 dise que se procederá ao balizamento de todas aquelas formacións vexetais de maior valor ecoloxico que poidan ser afectadas polo trazado, especialmente no contorno das Carballeiras de Coiro e Bronlle. En canto á de Bronlle sobra a recomendación, pois segundo a última modificación suprimiuse o ramal que a afectaba. Será imposible cumprir esta condición no Carballal de Coiro que se verá atravesado polo trazado, coa excavación de dous falsos túneles e un viaducto, o que non impedirá unha grave e irreversible afección á vexetación, ao solo, ás captacións de auga, ao río Bouzós, etc.

    ü     No punto 7.2 propón estudia-la posibilidade de substituí-lo recheo previsto por un viaducto, para protexe-lo conxunto de muíños do río da Freixa, aspecto non recollido nas modificacións introducidas.

     

    Modificacións introducidas: 

    ü     No p.k. 100+800 desprázase o trazado cara ao norte co fin de evita-la afección ao Castro de Montealegre, non indicando a marxe de protección que se deberá respectar.

    ü     No p.k. 102+000 execútase  un viaducto en lugar dun terraplén, cando neste punto non había terraplén algún.

    ü     No p.k. 105+000 desprázase o trazado por detrás da Pé da Moa, dando lugar a un novo trazado separado máis de 300 metros do anterior. Requeriría un novo estudio de impacto.

    ü     No p.k. 109+400 constrúese un falso túnel, o que significa variar a cota da vía, que pode variar significativamente as afeccións no kilómetro anterior e posterior, non mencionándose as alteracións.

    ü     No p.k. 111+950 desprázase o enlace do corredor co ramal de acceso a Cangas e o trazado cara ao sur, o que supón cambios grandes que haberá que avaliar.

     

    Resumo de alegacións: 

    • Mestúranse alegacións do proxecto de 1999 co de 2000.

    • Mestúranse alegacións ao estudio informativo coas do EIA.

    • Ignóranse alegacións de grupos veciñais e colectivos.


    D.O.G. 3 de outubro de 2001

    Decreto 240/2001, do 20 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Treito II. (Clave: PO/99/61.1.2).  

    Decreto 241/2001, do 20 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Treito I. (Clave: PO/99/61.1.1).

    Con data do 30 de xullo do 2001 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto de trazado da vía de alta capacidade

    do Morrazo (Rande-Cangas). Treito I. Clave: PO/99/61.1.1.

    Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto. A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro,  sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial.

    En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia

    e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei  5/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deli-beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de setembro de dous mil un,

    DISPOÑO:

    Artigo único.- Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación, no proxecto de trazado da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Treito I. Clave: PO/99/61.1.1.

    Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil un.

    Manuel Fraga Iribarne

    Presidente

    José Cuíña Crespo

    Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda


    DECEMBRO 2001

    Temos  presentado recurso contencioso administrativo para pedir a nulidade do proxecto por graves irregularidades de procedemento.

    Se estamos nun estado de dereito, e existe a xustiza,... esta obra non se fará.

    Se queres colaborar con nós e axudar á nosa loita,...

    Conta da Plataforma:  

    Caixavigo e Ourense. – Sucursal COIRO. Avda. Ourense 27–36947 Coiro – Cangas. Conta Nº: 2080 0079 90 0040004175 


    NOTA DE PRENSA 

    A Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo, cre necesario aportar algunha información que ninguén está a facilitar aos veciños da comarca neste momento.

    Parece estarse dando por feito un proxecto que non cumpre cos requisitos que a lei esixe.

    Non está aprobado o proxecto definitivo, polo que nin se pode asegurar cal será o seu trazado.

    Graves irregularidades de procedemento fan que neste momento estea recurrido pola vía xudicial con petición de suspensión total, con bastantes posibilidades de ser tida en conta, en base a  sentencias previas que crean xurisprudencia.

    As actividades que nestes días están a realizar de identificación de propietarios, non se axustan ao procedemento legal propio destes casos que sería:

    1. Levantamento do parcelario.

    2. Publicidade en prensa da relación de propietarios afectados.

    3. Levantamento de actas previas de expropiación, momento en que corresponde aos propietarios facer valer os seus dereitos tales como facer medir o terreo e inventariar os bens afectados (construccións, muros, árbores, cultivos, etc.), para a súa valoración.

    Denunciamos a complicidade das administracións locais, que lonxe de defender os dereitos dos veciños, están a facilitar locais públicos e outros medios, para unha actividade que nin siquera conta coa obrigada licencia municipal.

    Asimesmo denunciamos os métodos intimidatorios da empresa, que ameaza con declarar descoñecidos aos propietarios que non faciliten a identificación das terras, cando eles teñen a obriga e necesidade de identificar as propiedades, pois non se poderán ocupar nin facer ningún traballo nelas antes de ingresar as cantidades legalmente establecidas aos seus donos.

    Todo propietario ten garantidos os dereitos sobre os seus terreos sen necesidade de molestarse en ir ao monte a identificalos, pois hai unha empresa que ten medios para facer ese traballo e vai cobralo da administración.

    Lamentamos unha vez máis, como se menoscaban os dereitos e a dignidade da poboación do Morrazo en beneficio dun proxecto con claros intereses especulativos, que produciría destrucción ao longo de toda a comarca a cambio de non resolvernos ningún dos problemas que padecemos

    18-01-02


    Fondo sonoro: "Cambalache". Letra e música de Enrique Santos Discépolo.