Os condes de Aldán pretenden restaurar o señorío feudal no Morrazo

A usurpación de montes comunais e a súa recalificación, claves para a especulación urbanística.

A familia que detenta o título do condado de Aldán reclama propiedades no Morrazo empregando un mapa do século XVIII. Ademais, unha empresa súa e a familia do modisto Adolfo Domínguez pretenden a recalificación de varios millóns de metros cadrados na comarca.

A ampliación ata Aldán do corredor do Morrazo beneficia o condado e aos Domínguez

(A Nosa Terra. Nº 1.034. 16-22 de maio de 2002)