Portada

PREMIO OSÍXENO 2002

Contacta con nós

Quen somos

Onde estamos

ESTADO DO PROCESO

DECEMBRO 2004

PROXECTO DE VÍA DE ALTA CAPACIDADE DO MORRAZO (RANDE-CANGAS).

CLAVE: PO/99/61.1

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA. 

XUNTA DE GALICIA

PLATAFORMA ANTI-VÍA RÁPIDA DO MORRAZO

OUTROS

 Decretos 240 e 241/2001, do 20 de setembro, polos que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da vía de alta capacidade do Morrazo.  (D.O.G. 3 de outubro de 2001)

Recurso contencioso administrativo (nº 8657/2001) ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o Decreto 240/2001, de 20 de setembro polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente dos bens e dereitos afectados polo proxecto. (Decembro 2001)

 

Desde o 18 de abril de 2002 en que lle foi solicitado, a Consellería obstaculiza a xustiza retrasando o envío ao Tribunal Superior de Xustiza, do expediente administrativo do proxecto.

En consecuencia, demandamos á Sala a adopción da medida cautelar que deixe en suspenso os actos administrativos impugnados. (Maio 2002)

 

Resolución do 16 de maio de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación  -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de vía de alta capacidade do Morrazo (D.O.G. 27 de maio de 2002)

   
 

Enviamos á Comisión Europea informe complementario coas últimas actuacións da Consellería, para engadir ao expediente de queixa presentado fai un ano por incumprimento de lexislación comunitaria (2001/4465). (Xuño 2002)

COMISIÓN EUROPEA: Incorporan a información enviada ao expediente e comunicarán as conclusións da instrucción á luz do Dereito Comunitario aplicable. (Agosto 2002)

 

Enviamos á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural  da Xunta de Galicia un informe dos impactos que a construcción que a vía de alta capacidade do Morrazo produce sobre os diferentes elementos do Patrimonio Cultural da zona. (Xullo 2002)

DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL: Terán en consideración as valoracións por nós aportadas, cotexarán os datos, e segundo establece a lei, deberán establecer as medidas protectoras e correctoras que consideren necesarias para a protección do Patrimonio Cultural.

 

Enviamos ao Valedor do Pobo informe complementario coas últimas actuacións da Consellería solicitando reapertura do expediente de queixa presentado fai un ano (C.6.Q/1973/2001). (Xullo 2002)

VALEDOR DO POBO: Solicitan novos informes á Dirección Xeral de Obras Públicas e á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e nos darán conta da súa actuación e se é posible da solución do noso problema. (Agosto 2002)

 

Enviamos ao Presidente da UNESCO un informe dos impactos que a construcción que a vía de alta capacidade do Morrazo produce sobre os diferentes elementos do Patrimonio Cultural da zona, solicitándolle se interese pola súa protección. (Xullo 2002)

UNESCO: Sen resposta polo de agora
 

Enviamos ao Presidente do Consello da Cultura Galega un informe dos impactos que a construcción que a vía de alta capacidade do Morrazo produce sobre os diferentes elementos do Patrimonio Cultural da zona, solicitándolle se interese pola súa protección. (Xullo 2002)

CONSELLO DA CULTURA GALEGA: Sen resposta polo de agora.
 

Presentamos ante os CONCELLOS DE CANGAS E MOAÑA solicitude para que en cumprimento da lexislación vixente se tomen as medidas oportunas para garantir a defensa, protección e conservación de todo o patrimonio cultural ameazado por este proxecto. (Xullo 2002)

CONCELLOS DE CANGAS E MOAÑA: Sen resposta polo de agora.
Resolución do 20 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra, con un orzamento base de 61.525.135 €,  e un prazo eventual de execución de 42 meses. (D.O.G. 27 de setembro de 2002)    
Convocados os propietarios afectados a cobrar os depósitos previos á expropiación (Outubro 2002)   Unha maioría de propietarios afectados non aceptan as baixas valoracións e se organizan para recurrir as tasacións.
    Recibimos resposta do VALEDOR DO POBO na que se constata que, segundo informes da CPTOPV, se teñen realizado  modificacións no proxecto, alterando a resolución da DIA. A estas alturas, Medio Ambiente non pode pronunciarse por descoñecer o trazado e non dispoñer da documentación requirida. (Xaneiro 2003)
  Contestamos ao VALEDOR DO POBO rebatindo os informes da CPTOPV, e solicitando se esixa o estricto cumprimento das condicións impostas na DIA. (Abril 2003)  
  Presentamos ante o PARLAMENTO EUROPEO petición de control para que se examine o fondo da cuestión, e á luz da lexislación europea, se ordene a paralización do proxecto. (Abril 2003) O Parlamento Europeo examina a nosa petición e considera as cuestións que expoñemos admisible de conformidade co seu regulamento. (Decembro 2003)
O novo Conselleiro de Obras Públicas inaugura as obras da vía rápida do Morrazo. (Maio 2003)    
    O Valedor do Pobo detecta irregularidades no procedemento: "tal como vostedes sinalaron, os inventarios non deberan ser considerados axeitados posto que foi preciso completalos nun trámite posterior á DIA". En consecuencia solicita colaboración técnica da Facultade de Bioloxía da USC co fin de determinar as deficiencias do EIA. (Xaneiro 2004)
    A Comisión Europea arquiva as nosas denuncias por non atopar violación das obrigas resultantes do dereito Comunitario todo elo en base a que “as autoridades españolas destacan que este proxecto foi sometido ao procedimento de avaliación de impacto ambiental antes da súa autorización”, e que “as autoridades españolas señalan que se someteu a información pública”, e que “as autoridades españolas sinalan que en atención ás alegacións formuladas realizan diversos axustes que melloran o proxecto inicial”, e que “as autoridades españolas competentes destacan que os aspectos medioambientais están a ser tidos en consideración”, e que “as autoridades españolas ....” (Febreiro 2004)
    A Facultade de Bioloxía da USC non pode emitir un informe por non contar co documento de EIA. O Valedor só lle remitiu as nosas consideracións: "As alegacións efectuadas pola Plataforma Anti-Vía Rápida parecen consistentes, sin embargo a valoración da importancia das carencias só sería posible tras unha análise pormenorizada do EIA". (Marzo 2004)
    O Parlamento Europeo decide concluír o exame da nosa petición en base á información transmitida pola Comisión Europea das actuacións das autoridades españolas. (Marzo 2004)
    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o Recurso Contencioso-Administrativo por nós interposto, sen que tiveramos oportunidade de presentar a demanda, agardabamos o expediente para facelo, e dicíndonos que deberamos ter impugnado unha resolución que non existiu. (Xuño 2004)