Portada

PREMIO OSÍXENO 2002

Contacta con nós

Quen somos

Onde estamos

HISTORIA DA PLATAFORMA 

 INTRODUCCIÓN.    Península do Morrazo

O Morrazo é unha comarca pontevedresa situada nunha península que extende os seus 175 Km2 entre as rías de Pontevedra e Vigo, e que comparten os concellos de Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa. A poboación de 80.000 habitantes (densidade media: 457 hab/Km2) concéntrase na franxa situada por debaixo dos 100 metros de altitude, xa que a vida económica da comarca xira en torno ó mar con actividades como a pesca, o marisqueo ou o turismo.  Importante centro económico, industrial, comercial, sanitario e educativo para esta comarca, é a cidade de Vigo, chantada cos seus 300.000 hab. na marxe oposta da ría do seu nome, a quince minutos de travesía marítima (servicio regular de viaxeiros) das vilas de Cangas e Moaña, ou a uns trinta minutos de Cangas, por estrada e autoestrada.    Ata hai quince anos, a comunicación con Vigo facíase exclusivamente por mar, pois a estrada era un longo e virado percorrido, mais coa construcción da autoestrada Vigo-Pontevedra, que cruza a ría pola Ponte de Rande, foi en aumento o tráfico terrestre en prexuizo do marítimo.    Este achegamento por estrada a Vigo produciu tamén, un grande incremento da afluencia de coches procedentes da cidade, que nos fins de semana diríxense ás numerosas e, ata hai pouco, ben conservadas praias do litoral comarcal. Nestas circunstancias, prodúcense grandes atascos ó cruza-los núcleos urbanos de Moaña e Cangas, coas conseguintes molestias tanto para visitantes como para veciñanza.    Para resolver estes problemas de tráfico, a administración autonómica presenta un proxecto de Vía Rápida, (estrada valada con control total de accesos) que enlazaría a cabeceira norte da Ponte de Rande (saída/entrada da autoestrada) co Alto da Portela, (entre Cangas e Bueu) evitando así o paso polos núcleos urbanos no camiño das praias, pero a costa de graves danos ao entorno natural (parte dela discurriría pola cota 150, atravesando montes e bosques de frondosas como a Fraga de Coiro, Espacio Natural Protexido por Decreto da Xunta de Galicia) e ao social (numerosas expropiacións e destrucción de casas).    Isto suscita grande polémica na comarca, movilizándose os colectivos veciñais e ecoloxístas en contra do proxecto, que é defendido por certos sectores de industriais e comerciantes.     


 

PLATAFORMA CONTRA A VIA RÁPIDA DO MORRAZO      

Constituída en Cangas, en abril de 1994, por grupos ecoloxistas e naturalistas, formacións políticas, asociacións veciñais e culturais.   Integrantes: ERVA, LUITA VERDE. NATURA CELTICA, O CARBALLAL, O MODACO, B.N.G., F.P.G., U.E.G., E.U.-P.C., A.V. RIO BOUZÓS DE COIRO, A. MONTES DE COIRO, A.C. SEMENTEIRA DE DOMAIO, G.T. KAOS, C.R.C. XIRIA.   Faise un chamamento a tódalas asociacións, grupos e veciños da comarca ou de fora dela, que estean en contra da vía rápida, para que se integren nesta plataforma co fin de xuntar tódolos esforzos que vaian dirixidos á percura do mesmo obxectivo.   En primeiro lugar denúnciase que non se estea a facer unha correcta información do proxecto.   Estando o proxecto nos Concellos non se adoptan medidas para dalo a coñecer á veciñanza. É prioritario que os cidadáns do Morrazo coñezan a desfeita que esta vía vai provocar na comarca para que se percaten da magnitude de tal aberración, que dende logo, non da resposta ás necesidades dos veciños do Morrazo.   En ausencia de iniciativa oficial, esta Plataforma comprométese a levar a cabo unha ampla campaña de información, para dar a coñecer o proxecto e as súas consecuencias.   Dende esta Plataforma darase resposta a este proxecto, presentando tódalas alegacións e recursos que o procedimento legal nos permita, sexa no ámbito autonómico, estatal ou comunitario. É un proxecto que rexeitamos globalmente por consideralo, dunha banda, un insulto á intelixencia, pois trata de resolver o actual problema de cornunicacións no Morrazo, do xeito máis agresivo para o medio, máis inútil para os cidadáns da comarca, dañino para os seus intereses, así como o máis caro posible.   Por outra banda, consideramos que o proxecto é un insulto aos veciños do Morrazo, por presentarnos un estudio falto de rigor científico e profesional. En dito estudio nos situan na Serra do Barbanza, ignoran a existencia do enclave natural máis importante da costa da provincia, O Carballal de Coiro, Espacio Natural Protexido por Decreto da Xunta de Galicia, desvaloriza a nosa paisaxe e saca conclusións simplistas da situación socio-económica da comarca.   É tamén un proxecto que incumple a normativa legal por canto o Estudio de Impacto Ambiental non contén documento de síntese, carece de programa de vixiancia ambiental, capítulos preceptivos en calquera E.I.A.   A Plataforma vai realizar un estudio das verdadeiras necesidades da comarca, e elaborará un proxecto alternativo de desenvolvemento para a comarca, a tódolos niveis, industrial, comercial, turístico, de comunicacións, etc.   A Comarca do Morrazo debe progresar dentro dunhas canles de racionalidade, que permita un desenvolvemento sostible e respectuoso co patrimonio histórico, cultural e natural.  



 

RELACIÓN DE ACTUACIÓNS DESENVOLVIDAS DENDE O ANO 1994 ATA A DATA:  

     
    • Xogo de simulación: "Comunicacións do Morrazo". (Distribuído a tódolos centros escolares da comarca. 1994) (Premiado con Accesit no Certamen Nacional "Cuenta con tu Planeta". Madrid, 1995)
    • Presentación de alegacións ao proxecto de vía rápida do ano 1994.
    • Montaxe en paneis do trazado proposto pola CPTOPV, mostrando as alteracións previstas para a paisaxe, os bosques, o réxime de augas, o Patrimonio Histórico, a costa, as propiedades, etc.

    • Foi exposto nos seguintes lugares:
 
 
    Concello de Cangas:
    Alameda Vella. 
    Colexio Público de Coiro.  
    Casa da Cultura. 
    IESP de Rodeira.
    Inst. Maria Soliño  
    Col. Púb. de Hío. 
    C.E.P. Adultos.
    Concello de Moaña:
    Casa de Cultura de Quintela. 
    Casa do Mar. 
    Col. Púb. de Domaio.
    Inst. BUP.  
    Centro Cult. Tirán. 
    Cent. Cult. Domaio.
    Concello de Bueu:
    Casa da Cultura de Bueu
     
 
    • Asembleas informativas en: 
        • Casa de Cultura de Cangas.
        • Colexio Público de Coiro. 
        • Casa do Mar de Moaña. 
        • Centro Cultural de Domaio. 
        • Casa da Cultura de Bueu. 
    • Participación en mesas redondas: 
        • Casa da Cultura de Cangas.
        • Semana Cultural de Hío. 
        • Salón de Plenos do Concello de Cangas. 
    • Tríptico informativo.
    • Cartel.
    • Camisetas.
    • Montaxe audiovisual: gravacíón - diapositivas - video.
    • Montaxe teatral do grupo KAOS.
    • Rotas de sendeirismo por lugares afectados polo proxecto.
    • Recollida de sinaturas.
    • Presentación da Campaña Informativa realizada no Congreso Internacional "Estratexias e Prácticas en Educación Ambiental" celebrado en Santiago de Compostela en xuño de 1996.
    • Solicitude á Mancomunidade do Morrazo, pedindo pronunciamento e xestións para paralizar o proxecto.
    • Solicitude de entrevista co Conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas. (Non atendida)
    • Entrevistas coas corporacións municipais de Cangas, Bueu e Moaña.
    • Boletíns informativos.
    • Escrito de queixa á CPTOPV, tralas propostas do ano 1997. (Non atendida)
    • Preparación de escrito de súplica ante o Valedor do Pobo. (1997)
    • Solicitude á Consellería de información sobre as conclusións da Comisión Político-Técnica creada para tratar o tema. (Non atendida)
    • Campaña de presencia en prensa.
    • Solicitude á Consellería propoñendo que se realice un estudio serio do tema. (1998) (Non atendida)
    • Entrevistas cos Grupos Políticos Municipais da Comarca. (1998)
    • Reunións con colectivos veciñais da comarca.
    • Presentación de alegacións ao estudio informativo e ao estudio de efectos ambientais sometidos a información pública en marzo-abril de 1999.
    • Campaña de sensibilización cidadana ante a convocatoria de redacción do terceiro proxecto. (D.O.G. nº 177. 13-09-99)
    • Reunións con colectivos da comarca: Mulleres de Moaña, Usuarios de Transporte de Ría "Maruxía".
    • Entrevista co Director da Empresa Concesionaria do Transporte de Ría, "Mar de Ons", para facer propostas de mellora do transporte público.
    • Integración na Plataforma pola Mellora da Sanidade de Moaña.
    • Instalación na rede da páxina web da Plataforma:

http://www.arrakis.es/~morrazo

  • Emisión de Bonos de Axuda.
  • Campaña de información sobre estudio informativo e o estudio de impacto ambiental sometidos a información pública en agosto de 2000 (B.O.E. nº 195, 15/08/2000).
  • Presentación de alegacións ao estudio informativo e ao estudio de impacto ambiental.
  • Intervención nos Plenos Municipais Extraordinarios convocados nos concellos de Bueu, Cangas e Moaña.
  • Elaboración de paneis informativos para exposición itinerante.
  • Presentación da Exposición titulada: “As razóns do non”Argumentos para a defensa da comarca contra unha agresión anunciada-, en Moaña, o día 24 de abril de 2001. 
  • Festa solidaria coa postura da Plataforma Anti-Vía Rápida, en Moaña, o día 26 de abril de 2001.
  • Reclamación ante o Valedor do Pobo da Comunidade Autónoma de Galicia pedindo que se controle o procedemento seguido pola CPTOPV. Maio de 2001.
  • Reclamación ante o Director Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea pedindo vixiancia sobre o cumprimento da lexislación comunitaria por parte da CPTOPV. Maio de 2001.