Portada

Contacta con nós

BUZÓN DE COLABORACIÓNS 
Luns 7 de Agosto de 2006 ás 19:40:38
---------------------------------------------------------------------------

TÍTULO: Que pasa cos incendios 4 agosto 2006!!!

TEXTO: Eu son de Vigo, pero dende Semana Santa moañesa de adopción... Que devastación en Domaio, chorei e entristecime ó ver arder Verdeal preto da miña casa, ninguén viña a non ser os veciños que fixeron unha piña para que o lume non chegara ás casas. Onde estaban os bombeiros, protección civil o exercito....

Estou feliz nesta zona maravillosa de Domaio, en tan pouco tempo xa estou botando raices. Os meus veciños xa son da miña familia, xa formo parte de algo, é maravilloso, e cando te atopas tan ben, ven un bo día e, según dicen, uns locos descerebrados case cambian todo. Meu marido no medio do lume asi como os meus veciños, fillos a salvo na casa dunha veciña, agora amiga, o coche cos cartos a salvo preto do colexio para salir correndo... QUE HORROR, QUE TERROR, EN SHOCK ESTABAMOS TODOS... Os bombeiros de Vigo chegaron a puntiño, as 12 da noite, senon ardemos preto das nosas casas...

Que ningún vigués me diga endexamais que como puden irme para o Morrazo, porque aqui son mais feliz (somos mais felices o meu marido e os meus fillos, o can tamén) que nunca fun en Vigo, con esta xente maravillosa, sempre atenta e tranquila preocupándose dos novos veciños, GRACIAS

 

Venres 26 de Maio de 2006 ás 18:49:20
---------------------------------------------------------------------------

TÍTULO: Proxecto A Toda Costa

TEXTO: Ponse en marcha unha iniciativa para facer un filme que deununcie os escándalos urbanísticos que afectan á costa galega.

Desde o foro de Arredemo a rede de acción sociocultural, se está a debatir a posibilidade de facer un filme de denuncia sobre os distintos escandalos
urbanísticos que afectan á costa galega con vistas ás próximas eleccións municipais.
O filme, herdeiro de Hai que botalos, película composta por varias curtametraxes de distintos autores que denunciaban a situación política existente en Galiza, prentende facerse coa mesma estructura. As persoas interesadas en participar deben aportar as súas ideas ou traballos sobre o tema para despois facer unha proxección expansiva.
A intención do filme é sacar á luz pública a urbanización ilegal de moitos puntos da costa galega e facelo público antes das eleccións municipais que se celebran no 2007.
De momento, trátase dun proxecto en cernes que naceu co título provisorio de "Hai que evitalos" en referencia á producción anterior pero que actualmente baralla a posibilidade de titularse como "A toda costa".

Podedes aportar as vosas ideas ou poñervos ó tanto de como vai evolucionando o proxecto no Foro de Arredemo:
www.arredemo.info/forums/hai-que-evitalos

 

Martes 23 de Maio de 2006 ás 11:52:07
---------------------------------------------------------------------------
TÍTULO: S.O.S. Salvar O Castrillón (Bueu)

TEXTO: Teño constancia da existencia duns dolmes na zona do Castrillón en Bueu, os cales queren derribar pra facer un campo de fútbol, por capricho dunha concelleira do grupo Independientes por Bueu. Non reparando en informarse do que ali existe.

Domingo, 2 de abril de 2006

Estimados señores: 
Yo tampoco voy a perder ni medio minuto en rebatírselo, pero no se trata de un insulto, sino de una definición de algo que es negativo ya en su propia denominación: "Anti-Vía Rápida", ese anti significa la oposición y no la colaboración y el apoyo a los que se preocupan del progreso y no de los que anclan el terruño y lo hipotecan a las generaciones futuras, que tendrán que emigrar por no haber trabajo y por no tener las comunicaciones adecuadas para su creación. No sobra tierra y reservas naturales que proteger que siempre se empeñan en ir contra corriente en una zona como el morrazo, inmersa en las Rías Baixas, con una de las tasas de densidad de población más altas de España. ¡¡¡ Menos mal que esto prosigue, a pesar de Ustedes !!! Daniel Díaz


Documéntese Sr. Díaz,...
...porque polo que fala descoñece absolutamente os nosos motivos de oposición a dita estrada, os argumentos que temos amplamente expostos e as alternativas para a mellora das comunicacións desta comarca que nós sempre propuxemos. 
Saiba vostede que o resentimento que amosa cara ás nosas posicións, fainos ver a importancia de expresar a nosa opinión aberta e libremente, pois este simple feito vese que molesta. 
¿Por que? 
Vostede saberá, porque o feito de expresar a nosa opinión non evitou a construcción da dichosa vía rápida, e como debera saber, tampouco usamos nunca outros medios de oposición á súa construcción. 
Ao mellor a cuestión agora radica en buscar culpables de que, xa coa vía en pleno funcionamento, nin se albisquen melloras no tan cacarexado progreso que dicían ía chegar coa vía rápida.
Apunte vostede para outro lado, Daniel Díaz. Por nós non será.
Saúde.
Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo

Sábado, 1 de abril de 2006

Menos mal que ya está construida y en funcionamiento, porque con indeseables como ustedes esta comarca no prosperaría nunca. Si quieren ser ecológicos circulen en carros del país y rocen los montes para evitar los incendios. Daniel Díaz


Recibida a súa mensaxe, D. Daniel Díaz.
Perdoe que non perdamos ni un minuto en contestarlle.
Unha persoa que emprega o insulto como único argumento, descalifícase por si mesma.
Precisamente o que amola a persoas coma vostede, é que nós si temos argumentos abondo para defender as nosas opinións, e así as defendemos, con argumentos e sen impoñerllas a ninguén, como terá comprobado.  
Saudiña. 
Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo.

Martes, 20 de decembro de 2005 

 Próxima construcción autovía Pontevedra-A Cañiza 

Dende as parroquias do Concello de Pazos de Borbén, expresamos o noso descontento coa administración dado o proxecto da Autovía de referencia, que segundo o previsto invadirá os nosos pobos, ríos e lugares. Dende varios colectivos estámonos a mover para crear unha plataforma en contra disto, na que a vosa nos está a valer de gran axuda e referencia. 

SAÚDOS DESDE PAZOS DE BORBÉN

(Compañeiros, xa sabedes onde estamos. Á vosa disposición para o que precisedes. Plat. Morrazo)

Xoves, 9  de Xuño de 2005 

OS EFECTOS SOCIAIS DA VIA RAPIDA SIN ESTAR FEITA Aínda non está inaugurada a vía de alta capacidade ou vía rápida do Morrazo, e nestes dous anos que leva de construcción xa se nota un cambio brusco de casi 180 grados en moitos dos hábitos sociais da poboación nesta comarca,cando ó mesmo tempo xa están a promocionar por doquier os polígonos de vivendas e chalets preto da vía ou en lugares estratéxicos dos montes ou á beira do mar. Agor que xa desapareceron a maioría dos vellos camiños de carro, da pe e tamén as pistas forestais que nos comunicaban con calquera das rotas, paraxes naturais e curutos de onde observar amplas e fermosas vistas panorámicas dos montes e das rías, pola contra grupos de persoas en solitario ou en familia, se adican a pasear os fins de semana polo pavimento sen asfaltar da vía rápida en construcción, pola sensación, o cómodo de pasear polo chan duro e sin moitos desniveis, e tan só a xente máis maior se para un pouco a reflexionar e ás veces con moita tristeza lembran o que eran e supuseron nas súa vidas no pasado estes lugares. Do resto para nada se paran a pensar moita desta xente o gran destrozo que esta obra provocou ou está a provocar no medio natural que agora patean e que antes seguramente nin o cheiraban. E o outro dos grandes efectos sociais e tamén ambientais que está a provocar a construcción desta estrada na poboación é a proliferación de vehículos motorizados polo piso tamén da vía, costume esta que esta conseguindo que de rebote os montes se vexan cada vez máis visitados por individu@s encabaleados en motos de cross, trial,ou o que está máis de moda, os quads a catro rodas, erosionando o chan, e enchendo de ruídos e contaminación o medio natural. Pero quizáis o máis lamentable é que a partir de agora e de que a vía rápida esté en funcionamento seralle máis fácil acceder ós montes a xente nos vehículos cos seus ruídos e contaminación que ás persoas a pe ou en bici, que pola contra fan exercicio, buscan tranquilidade e respectan máis o medio. Para rematar xa non quero falar do que vai pasar cando empece a vir a xente doutros sitios en hordas a vivir aquí, principalmente de Vigo, pois moit@s dos que nacimos e vivimos no Morrazo o efecto ambiental e social xa o coñecemos dende hai tempo e sin que a maioría desa xente viva nesta comarca, xa que cando chega os fins de semana, por poñer un exemplo, as estradas comarcais satúranse de caravanas de coches proviñentes do outro lado da ría, chegando ata as inmediacións das praias que cando vas a Cabo Home por poñer outro exemplo parece que estas en Samil, aínda que para algúns/as a compración lles pareza odiosa. É triste, si que é moi triste, pero só falla que nos invadan @s de fora, comprando o seu chalet ou o seu piso onde calquera daquí normalmente non o poderíamos facer e despóis por engadido nos transmitan o seu modelo de vida caótico e desenfreado. 

 Sábado, 5 de febreiro de 2005

OTRAS OBRAS DE ALTA INGENIERIA EN EL MORAZO : Siento impotencia y verguenza por lo que ocurre en el Morrazo por esas "Obras Públicas" que nos mejoran la vida. Hace 4 años que me he ido de Bueu, pero cuando la visito veo que todo sigue igual. La gran obra de este pueblo ha sido la ampliación del puerto, que ha dado como resultado que ya no se pueda disfrutar de las playas del pueblo, se han quedado sin arena y su aspecto es desolador, piedras y algas en lugar de arena blanca. ¿Pueblo turístico con hermosas playas?. Si visitais esta zona vereis el barrio de Pescadoira llena de socavones, el paseo se desploma por acción del mar. En mi última visita he comprobado como lo han arreglado (remiendos realizados con distintas clases de piedras, una maravilla y una obra de ingeniería suprema) y como siempre al llegar digo eso de "que bonito es mi barrio". No tengo fotos digitales de la gran obra pero sería interesante ver alguna. 

Un saludo.

Martes 7 de Diciembre de 2004 

No me puedo creer lo que estan haciendo. Hace un año que no paso por Moaña, pero las cosas han cambiado mucho, ya me lo habían contado, pero hoy cuando vi las fotos me quedé sin palabras. Con lo bonito que era Moaña, como pudieron hacer eso por una p..... autovía. Bueno, desde Alicante les mando todo mi apoyo para parar esto aunque sabemos todos que es un poco difícil. Espero poder ir pronto y ver esto con mis propios ojos, que todavía no me lo puedo creer.

Alicante 7/12/2004

Mércores, 14 de abril de 2004 

COMO PASA O TEMPO!
 Xa pasaron dez meses e asistimos imperterritamente como o corredor de "alta capacidade" vai destrozando e desfigurando a pasos axigantados a paisaxe no seu decorrer polo Morrazo. De nada serviron como era de prever as protestas da veciñanza en Domaio e no Caeiro, en Moaña, pois verdadeiramente non se opoñían á vía rápida, senón que protestaban só polo seu, e as poucas diverxencias que poideran haber, eran aplacadas polos seus líderes e políticos locais. O concello de Moaña e as comunidades de Montes deste municipio contrataron a unha empresa, Lagares Ingeniería, para que lles elaborara unha asesoría ambiental, que como era de esperar e debido ás múltiples irregularidades e ilegalidades do proxecto, só sirva como moito para  reposicións de servicios.  Namentres o patrimonio natural, está a ser destrozado e esnaquizado do mapa a base de dinamita, onde a rocha esnaquizada, xunto có xabre e as toneladas de terra extraídos dos montes están a ser utilizados como recheo enriba de vales e regos, e o devalar natural da fauna a a flora morta e dividida por unha barreira artificial. O patrimonio cultural e arqueolóxico está tamén destruído e esnaquizado pola dinamita e o paso das máquinas, sendo só "escavado de urxencia" para cumplilo trámite ante a indiferencia xeral da poboación e o que é pior, ante o silencio por pasiva de entendid@s e intelectuais, só roto polas escandalosas declaracións da Xunta de que "gracias ás obras da vía rápida se está atopando riqueza arqueolóxica no Morrazo", cando máis de trinta xacementos xa catalogados están a ser afectados, entre petroglifos, castros, asentamentos medievais e sin contar o patrimonio civil, como muíños de auga, fontes, pozas,.... E aínda o que nos queda en pos do "progreso", chalets en Menduíña e Zona Franca nos montes de Aldán.

Venres 16 de Xaneiro de 2004 

O PATRIMONIO POLO AIRE
Vai pasando a obra e acaban de afectar ou mellor dito reventar outra vez con dinamita o xacimento do Monte Pequeno, debaixo do Monte da Pena, no linde entre as parroquias de San Martiño, pertencente ao concello de Moaña e á parroquia de Coiro, en Cangas. Nun trozo de terreo, rodeado dunha morea de pedras milenarias, entre carballos e piñeiros, cunhas excelentes vistas á ría e a escasos metros dunha área recreativa forestal, as excavacións feitas de "urxencia" polos equipos de arqueoloxía, coma todas que se efectuaron desta merda de autovía, so valeron para que con ducias de cartuchos en bolsas de dinamita e amonal, vaia todo polo aire, quedando como dramático final unha morea de anacos de pedra granítica esnaquizada e o terreo fendido para dar paso máis abaixo ás máquinas á sua infernal "senda", cara outras desfeitas próximas. (Ver fotos
 

O PRESTIGE, O PLAN GALICIA E A VIA RAPIDA  
 A catástrofe do Prestige a parte da neglixencia e a irresponsabilidade d@s políticos que nos gobernan, naceu do vertido dunha materia contaminante no oceano atlántico, preto das costas galegas. Esta materia contaminante vertida proven do refinado do petroleo.O petroleo é un residuo fósil orgánico esgotable, que pódese utilizar como combustible enerxético. O transporte depende necesariamente na actualidade do seu aporte para moverse e as estradas tamén dependen de seu para utilizalo como asfalto.
Cada día pasan centos de barcos preto das costas galegas cargados de hirocarburos, gases e incluso resíduos radiactivos. Dende hai anos se constrúen kilómetros de autoestradas e agora de vías de tren de alta velocidade ou ampliacións de aeroportos (exemplos todos contrastados de modelo de transporte insostible) por enriba de espacios naturais, rurais e de patrimonio histórico. Cada día imos ter que soportar que nas nosas rías se reproduzan máis recheos, portos de atraque para buques petroleiros ( así como sona), portos deportivos ou a construcción de macrofactorías de cultivos mariños no litoral, porque a pesca e o marisqueo dos recursos naturais está a ser extinto por culpa da contaminación e as males artes mariñeiras.
Isto é o que representa o Plan Galicia, que naceu imposto políticamente como solución aos nosos males, trala "catástrofe". Aquí no Morrazo temos o noso particular "buque insignia" dentro do citado Plan, a "vía rápida", aínda que o proxecto e as obras xa estiveran programadas e presupostadas anteriormente , como pasou con moitas outras por Galicia adiante. Deste proxecto, o equivalente ao "chapapote nos nosos montes" e que dende hai meses está en construcción pese ás súas ilegalidades e atentados contra o medioambiente, o patrimonio arqueolóxico e os bens sociais, teño que dicir que lamentablemente está a ser consentido polo poder político da comarca (non só o PP) e o máis triste, asumido por unha maioría da poboación.
Hai uns meses miles de persoas nos manifestábamos nas rúas contra unha guerra inxusta e cruel, a de Iraqu, mais a principal causa do conflicto era (e sigue sendo) que nese país hai moito patroleo, o mesmo que se transporta en exceso e en precarias condicións polos distintos mares do planeta e o mesmo que se utiliza ata a saciedade entre outras cousas para por en movimento miles de vehículos, a maior parte privados, que son os que están a provocar unha gran porcentaxe de emisións de gases contaminantes á atmósfera e os mesmos que provocan, nun efecto recíproco, que polo seu desmedido uso teñamos que depender de novas e colosais infraestructuras para "insosteñelo".Contra todo isto,onde están hoxe e onde estarán no futuro as masas?
Brutal impacto en Aldán. 
   O alto de Tralaserra, como se ve na foto, foi totalmente cortado, de tal xeito que se abreu 
paso emtre a vertente costeira e o val do río Orxás (ao fondo da cortadura vese a parte de Aldán 
do pico do castro Liboreiro, que nunca antes se viu desde este lugar) Estamos ante un dos tramos 
máis agresivos da vía rápida. Comentar que na cima deste alto de Tralaserra está catalogado por 
Patrimonio da Xunta un asentamento calcolítico (¿que foi del?)
Destrucción para compensar destrucción. 
  Está claro o que hai detrás do Plan Galicia. Propaganda e máis propaganda. Este proxecto 
estaba presupostado antes do Prestige pero tamén se arrima ao Plan Galicia. Funciónalles porque 
temos unha sociedade adormecida. Ata cando?

O Morrazo, 06/11/03 

Hai uns anos a prensa fíxose eco da noticia da destrucción dunhas estatuas históricas por parte  dos "talibans" calificando dito atentado ao patrimonio como algo irracional propio de mentes enfermas e fanáticas.

Hoxe ante outro atentado do mesmo ou maior calibre, como é a destrucción dunha importante parte do noso patrimonio histórico, pola construcción dunha irracional vía rápida no Morrazo, esa mesma prensa o silencia e oculta  cumprindo así co seu papel de lacaio e estómago agradecido dos autores deste atentado, os talibáns da Xunta de Galicia. Mención aparte merece a denigrante actuación da Dirección Xeral do Patrimonio, organismo que ten que velar e protexer o noso patrimonio e que neste caso dedicouse a protexer e apoiar aos novos talibans" made in galicia".

Espero que a historia os xuzgue e condene por este aberrante acto.

Un veciño de Moaña agradecido pola vosa labor de información e denuncia deste aberrante proxecto.

Barcelona, 21/10/03
Hola, son unha rapaza de Vigo que está a ler a vosa páxina dende a ligazón de Vieiros.
Só vos quero felicitar pola vosa labor e a completa información que facilitades pra que nos decatemos 
da desfeita que será facer a devandita vía rápida. Xa temos desfeitas de abondo pra aturar unha máis 
que é totalmente innecesaria. 
O traballo que estades a facer é valiosísimo, a proposta de alternativas coido que é o mellor de todo e 
vos animo a que sigades facendo ruido e poidamos aturala agora mesmo. Oxalá sirva de precedente 
pra as que podan vir.
 Como pasou co Prestige, é a xente do pobo a que ten que poñer o seu esforzo pra loitar polo seu 
porque se agardamos polas institucións, Galiza xa estaría a piques de morrer.
 Seguide así, sodes imprescindibles. Saúdos,     Paula.
  • Para escribir e enviar a túa colaboración